Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2021 | Actualizada ás 17:13
O prazo de presentación de solicitures para a convocatoria de axudas á comercialización física do sector artesán galego acaba este luns, tras alongar o período a Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Tal e como informou o departamento autonómico nun comunicado, o obxectivo das axudas é "impulsar as vendas e a competitividade" do sector. Así, os talleres, concellos e asociacións interesados aínda poden optar a uns apoios que poden chegar ata o 80% do investimento. Ademais, pódense solicitar anticipos de ata o 50% do importe da axuda concedida.
A convocatoria conta cun orzamento de 255.000 euros e contempla axudas de ata 8.000 euros para os talleres inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia "que participen en feiras profesionais e de venda directa".
En canto aos concellos, poden solicitar as subvencións para a organización de feiras monográficas "cuxo obxectivo sexa a comercialización e a posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional", para o que terán unha axuda máxima de 15.000 euros, así como para a organización de feiras non monográficas de diferentes oficios con axudas de entre 1.500 e 3.000 euros, en función do número de talleres participantes da marca 'Artesanía de Galicia'.
As contías para a organización de feiras de artesanía na Comunidade impulsadas por asociacións profesionais e empresariais do sector poderán chegar ata os 30.000 euros, "a condición de que conten cun 80% de participantes inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.