Algo temos que facer

Verán: días de lecer onde, ademais da praia, a montaña e as festas, hai tempo pra reflexión e pra intuir o futuro deste noso planeta.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 22/07/2023

Comparte esta noticia
Non me veñas con retrousos nin con contos doutro tempo /  ponte ó loro meu amigo / pon o día o pensamento.   Ano dous mil non sei cantos / cheos de  tecnoloxía /  mentres tanto desfacemnos /  o planeta, a nosa vida.  O mal chamado progreso/  trouxo unha forma de vida /  que se basa no consumo  e tamén na  avaricia.  Algo temos que  facer pra endereitar o camiño /  que nos leva a esnaquizar o planeta onde vivimos. Algo temos que facer!!!   
 
A medida que pasan os anos  cada vez, con máis virulencia, van acontecendo  os  desastres naturais.  Desta maneira as trombas de auga son máis fortes e  persistentes. Tamén as secas teñen mais duración e os incendios queiman e estragan a terra deixándoa  case desértica.  
 
A contaminación atmosférica trae trastosnos no tempo,  e no mar  o aumento de temperatura da auga comeza a afectar e,  con elo,  chegan as   pragas inesperadas.
 
Máis, no tempo que nos tocou vivir, hai forzas negacionistas que atadas ó modelo do consumo sen freo, din que ó  aumento da temperatura mundial é un invento das forzas políticas  chamadas progresistas. E dino con tal convencemento que insultan ós que defende unha postura avalada por  datos científicos. Os falsos ptofetas sempre os houbo. Profetas que  defenden que o cámbio climático é un conto  e  insultan ós que  din  que hai que tomar serías medidas si queremos que a cousa non vaia a máis.  
 
Díante iste panorama con secas cada vez máis longas  e coa falla de auga para     agricultura e incluso moitas  poboacións,   a  desrtización do rural e a  morte de milleiros de pobos e aldeas  é unha evidencia. Polo que dinate este grave problema salta unha pregunta:  que se pode facer?
 
Todos sabemos que mudar o mundo cara un modelo de crecemento que non sexa esnaquizador do medio,  trae aparellado loitar contra moitos intereses  económicos especulativos. Todos sabemos que mover estructuras economícas e tamén mentais leva o seu tempo e tal obxectivo   é moi complexo.
 
Mais a etapa do capitalismo salvaxe debera ser unha cousa do pasado. Pois, seguir polo camiño de contaminar sen limites, levaranos a unha destrucción continua do medio natural.  E todos sabermos que o planeta terra é  finito. E que   o sistema económico actual, baseado no consumo especulativo  sen limites,  deberá trocar, pois nós soio somos uns usufructuarios da terra, polo que  temos a obriga de deixarlla ás novas xeneracións  no mellor estado posibel.
 
Con todo,  o certo é que os que moven a economíaº mundial  e tamen unha  parte importante da sociedade,  non ve o perigo que  está ameazando ó noso planeta. Boeno, non o ven, ou non o quere ver. E eso pode levaranos a un  desatre moi dificicil de atallar.
 
Polo que abramos os ollos, e deixemonos de retrousos e contos doutro tempo como di o texto do comenzo. Poñámonos ó loro, contaminemos menos e esixamos que os que contaminan máis cambien de modelo pra salvar o planeta.
 
En fin, todos,  dentro das nosas pequenas ou grandes  posiblidades,  algo temos que facer.

A Central térmica das Pontes  foi un dos grandes focos de contaminación de Galicia
A Central térmica das Pontes foi un dos grandes focos de contaminación de Galicia | Fonte: LEA PAZ - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com