Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024 | Actualizada ás 09:54
O incendio forestal sen control que afecta o municipio pontevedrés de Crecente arrasa xa 170 hectáreas, segundo a última estimación da Consellería de Medio Rural.
Medio Rural informa de que o lume, iniciado na tarde do luns en tres focos simultáneos na parroquia de Angudes, está estabilizado desde as 14,40 horas, polo que segue sen darse por controlado. Nas tarefas de extinción participaron de forma acumulada: catro helicópteros, dous avións, 23 motobombas, dúas pas, 50 brigadas, 26 axentes e tres técnicos.
INTENCIONADO
O alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, asegura que "non hai ningunha dúbida" de que o incendio iniciado en tres focos diferentes no municipio "foi intencionado".
"Estamos a falar de tres incendios, unha cousa é que haxa un incendio e outra cousa é que haxa tres e en diferentes parroquias", afirmou en declaracións a Europa Press este martes. García-Luengo indica que non hai "perigo" para vivendas na zona de Angudes, pero "está xusto" en zona próxima. Explica que "pola noite foi horrible o vento", aínda que esta mañá de martes "está máis tranquilo". Espera que mellore a situación en próximas horas.
Na zona traballaron ata o momento un técnico, once axentes, 21 brigadas, seis motobombas, dúas pas, dous avións e dous helicópteros.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Trasladan ao hospital un mozo ao que acharon flotando na auga dunha praia fluvial en Mondariz
- Rescatadas cinco persoas en Moaña tras unha explosión no barco no que viaxaban
- Ferido un home tras saltar do seu tractor en marcha ao quedar sen freos cando descendía por unha costa en Ribeira
- Investigan a un granadino de 22 anos por colaborar nunha estafa polo método do 'falso fillo' a unha muller da Coruña
- Os ventos seguirán soprando con intensidade este luns, con especial forza na Coruña e Fisterra
- Medio centenar de maiores achegan nunhas xornadas en Ourense as súas ideas para combater a soidade non desexada