Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 14:03
O incendio forestal que permanecía activo desde a madrugada do martes no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade quedou extinguido sobre as 12,50 horas deste mércores, cunha afectación final de 32,1 hectáreas.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 1,06 horas da madrugada do martes e para tratar de extinguilo mobilizáronse dous técnicos, 10 axentes, 24 brigadas, 11 motobombas, unha pa, dous avións e tres helicópteros. Así, do total de hectáreas calcinadas, 12 correspóndense con monte arboledo e 20,1 a raso.
A Consellería do Medio Rural lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben de chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delictuosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.