Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/04/2024 | Actualizada ás 21:05
Os Bombeiros de San Cibrao das Viñas tiveron que excarcerar a unha muller de 25 anos que tras chocar co seu vehículo contra unha árbore e non podía saír xa que, a causa do impacto, tiña unha lesión nunha perna. Segundo informou o 112, foi ao fío das 16.00 horas cando Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertou de que un coche chocara no lugar de Santa Cruz da Rabeda.
No punto, os Bombeiros confirmaron que, aínda que a muller non estaba atrapada, tiveron que empregar material de excarceración e cortar os ferros do coche para poder sacala porque tiña unha perna rota a causa do impacto. A condutora, veciña de Ponte Noalla e de 25 anos de idade, foi evacuada de emerxencia a un hospital con feridas de gravidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.