Fíxoo ante a alerta amarela por fortes refachos de vento prevista e que xa deixou refachos de ata 80 quilómetros por hora en localidades como Vimianzo.
Democracia Ourensana cuestionou se os partidos da oposición teñen "a síndrome de Estocolmo". "Danvos cousas para os vosos pobos e non sei se padecedes a síndrome de Estocolmo, porque estades adoitados a que non vos desen nada", esgrimiu Rafael Cachafeiro, portavoz da formación.
  comenta   0
A maxistrada instrutora estimou proceder contra Baltar ao entender que, aínda aplicando a marxe de erro do 5 % que establece a normativa sobre o resultado do radar, a cifra alcanzaría os 204 quilómetros por hora nun tramo no que a velocidade máxima permitida era de 120 quilómetros por hora, o que ao seu xuízo encaixa nun delito contra a seguridade viaria.
  comenta   0
Na mesma liña falan "dunha e mil artimañas xurídicas de Manuel Baltar" para atrasar "unha e outra vez" o xuízo por conducir a 215 quilómetros por hora
  comenta   3
A xuíza insistiu en que era necesario pedir permiso ao Senado para seguir adiante co procedemento penal aínda que Baltar xa foi sancionado pola vía administrativa por este feito
  comenta   0
O Teatro Principal acollerá o acto de recoñecemento e entrega das medallas de Ouro da cidade e os títulos de fillos predilectos ou adoptivos.
  comenta   0
A Comisión de Suplicatorios designou tamén aos encargados dos grupos de redactar o texto que finalmente se someterá a votación, fixándose a primeira reunión á volta de Semana Santa, o vindeiro martes día 2 de abril
  comenta   0
O Tribunal Supremo estimou pertinente suspender por agora a tramitación das actuacións referidas ao político ourensán mentres que o Senado resolva sobre a autorización solicitada
  comenta   0
O presidente da Deputación de Ourense avanza que será reivindicativo co Goberno de Rueda e pronúnciase sobre o caso de exceso de velocidade de Manuel Baltar, agora senador: "A min non me gustaría estar condenado nun cargo público".
  comenta   0
O PP ten maioría absoluta no Senado onde chegará o suplicatorio para decidir se se dá o visto e prace para xulgar ao ex presidente da Deputación de Ourense.
  comenta   0
Tellado acusa a Sumar de "cómplice" no caso Koldo e Yolanda Díaz afea a corrupción do PP coa situación de Baltar que tampouco dimitiu como senadro.
  comenta   0
Menor di que se trata dun trámite ordinario, "un trámite de petición" e que "se se cumpren os requisitos" "o normal" é que o órgano, neste caso o Senado, "autorice o levantamento".
  comenta   0
"Non é o mesmo ser a terceira atoridade do Estado que estar noutras posicións como ser un senador", di Rueda tras confirmar que non considera que Baltar deba dimitir tras pedir o TS xulgalo penalmente.
  comenta   0
Rueda di que "tentará" acordos con DO na Cámara pero tamén dá por feito que "serán difíciles". Menor anuncia que pronto se elixirá unha nova dirección provincial.
  comenta   1
Armando Ojea é o candidato de Democracia Ourensana á Xunta de Galicia para as eleccións do 18F. Leva na formación desde que se fundou xunto con Gonzalo Pérez Jácome. É "realista" e estima a representación da súa forza política en tres ou catro deputados. Non será doado pactar con eles segundo o que se entende das súas palabras se antes non se arranxa a "débeda histórica con Ourense". De lugar en lugar pola provincia en autocaravana, Ojea vai repartindo as ideas de DO avaliando que hai moito descontento cos partidos "tradicionais".
  comenta   1
Pide a execución dunha sentenza que dá un mes ao xornal ourensán para devolver os 2,7 millóns de euros que recibiu da Deputación de Ourense polo seu arquivo histórico nunha sentenza que a propia deputación rexeita.
  comenta   0
Foi o ano do final do 'baltarismo' en Ourense e que remata coa convocatoria dunhas novas eleccións. Tamén o do fin do longo xuízo do Alvia e grandes incertezas no mundo eólico. Tamén é outro ano marcado polo narcotráfico e as numerosas viaxes do rei emérito Borbón.
  comenta   0
A súa defensa sostén que os feitos xa "foron resoltos" e que non se pode reabrir a causa.
  comenta   0
O tribunal deu unha segunda oportunidade ao dirixente despois de que non acudise a semana pasada por razóns de saúde do seu avogado
  comenta   0
O candidato do Partido Socialista á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, rexeitou "entrar no xogo da xudicialización da política" ao ser preguntado sobre se Baltar debería dimitir do seu escano no Senado.
  comenta   0
O Supremo explica que, antes de que se enviase a causa ao alto tribunal, o Ministerio Fiscal presentara escrito de acusación contra Baltar considerándoo autor dun delito contra a seguridade viaria.
  comenta   0
O líder de Democracia Ourensá está convencido de que pode ser chave no futuro goberno da Xunta. Pactará con quen lle asegure a continuidade e tranquilidade na alcaldía da capital e ofreza máis investimentos e orzamentos para a provincia. Alguén podería ver nel a un "Puigdemont, made in Ourense".
  comenta   2
O presidente da xestora valorou que a substitución no partido, tras a renuncia de Baltar, "foi modélica" e adoptada "por unanimidade", "con consenso" e "sen discrepancias".
  comenta   0
O presidente da Xunta negou que exista unha "estratexia" política por parte de Xénova e da dirección autonómica detrás da renuncia a presidir o PP ourensán de Manuel Baltar, saída que o líder dos populares galegos dá por feita e que encadra nunha "decisión persoal" que adopta o barón en "coordinación" co partido.
  comenta   0
O que foi presidente provincial convoca unha xunta directiva na que o PP dá por feito que renunciará a liderar o PP de Ourense. Rueda asistirá a esta xunta directiva.
  comenta   0
O presidente do PP manifestou que como "máximo representante do PP na provincia", espera que, "cando o presidente Rueda convoque", os seus compañeiros saquen "toda a forza".
  comenta   0
A inhibición en favor do Supremo prodúcese tras numerosos intentos de xuízo, primeiro no Xulgado de Puebla de Sanabria e logo no Xulgado do Penal número 1 da capital zamorana.
  comenta   0
Víctoria Núñez é actualmente xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e é filla do que fóra un dos impulsores de Centristas de Galicia e primeiro presidente democrático da Deputación de Ourense, Victorino Núñez, quen tamén presidiu o Parlamento de Galicia co PP.
  comenta   0
Con este proxecto, aprobado este xoves no Consello da Xunta, a promotora pretende construír a primeira planta integral de produción de proteínas vexetais en España para nutrir de forma inclusiva e global produtos e ingredientes de orixe vexetal de alta calidade, sustentables e saudables a toda a industria agroalimentaria. Con esta iniciativa, xa son 21 as declaradas prioritarias.
Así o anunciou en rolda de prensa o deputado e portavoz do PSdeG-PSOE na institución, Álvaro Vila, engadindo ademais que na páxina web deben poder consultarse, en todo momento e por todos os cidadáns, os desprazamentos realizados, así como as persoas que participaron en cada un deles, as motivacións e o custo dos mesmos.
  comenta   0
"Ningún comentario sobre iso, grazas", foi a resposta obtida polos informadores de parte do ex presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, quen agora é senador.
  comenta   0
Na cita, repasaron os programas nos que colaboran ambas as entidades, entre eles o plan Exporta, para promover a internacionalización das empresas, un dos eixos de traballo que seguirán en activo. Tamén abordaron, entre outros asuntos, o programa Reactiva Ourense, que ten como obxectivo atopar traballo ás persoas desempregadas maiores de 45 anos que perdesen o seu posto de traballo durante a crise económica derivada da pandemia.
  comenta   0