Aterra é unha plataforma na que poñer en contacto demandantes e vendedores de terras agrogandeiras coa finalidade de seguir mantendo esta fonte de riqueza e emprego para a comarca. Así nolo conta Eva González, coordinadora do grupo de desenvolvemento rural Limia-Arnoia ao GC.
  comenta   0
Miquel Trepat, presidente da Asociación de Funerarias e Cemiterios Municipais (AFCM), onde se inclúe o cemiterio lucense asegura que "hai unha tendencia no sector que está predominando por enriba das demais: a creación de cemiterios comprometidos co medio ambiente e coa loita contra o cambio climático".
Están destinadas a xudar aos concellos para financiar actuacións de rehabilitación e rexeneración urbana.
  comenta   0
A interventora xeral da Comunidade Autónoma, Almudena Chacón, demandou ao Estado un novo sistema de financiamento "que achegue máis recursos" a Galicia e que "teña en conta" criterios como a dispersión ou o envellecemento.
  comenta   0
Serán Lobeira, Muíños, Padrenda, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus e Verea. O obxectivo é facilitar un servizo de lectura pública en concellos máis pequenos, con visitas dúas veces ao mes.
  comenta   0
Salustiano Mato, catedrático de Zooloxía na UVigo e membro do proxecto de investigación das poboacións de moscas do Tomiño, asegura que ante o aumento do cambio climático "isto non vai cambiar, vai ir a peor, porque vai haber cada vez máis zonas que reúnan boas condicións para que as moscas se reproduzan".
  comenta   0
Era unha esixencia do BNG no pleno do Parlamento, no que alertou do impacto crítico destas instalacións na biodiversidade.
O consello da Xunta deu luz verde este luns á contratación, por procedemento de emerxencia, do servizo de transporte sanitario urxente na área de Vigo, cun orzamento de 2,9 millóns de euros (sen IVE) e 6 meses de duración, mentres se tramita un novo contrato por procedemento aberto.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, afirmou que o seu departamento ten "un reto difícil, pero ilusionante" e mostrouse convencida de que a Xunta o "vai a solucionar".
  comenta   0
Paralelamente, preguntaron sobre a disposición do Goberno de construír unha vía alternativa que permita retirar o tránsito dos principais núcleos de poboación polos que discorre na provincia de Ourense.
  comenta   0
Os programas de axuda impulsados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo nos anos 2022 e 2023 tiveron un enorme éxito e beneficiaron a un total de 24.000 vivendas. A Xunta xa anuncia a convocatoria de novas axudas para este 2024 cun orzamento inicial de 37 millóns de euros.
  comenta   0
BBVA está presente en 73 localidades galegas, mentres que o Banco Sabadell en 45 municipios de toda Galicia, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra. Deste total, ata 43 concellos da Comunidade contan con ambas as sucursais, o que, se se producise finalmente esta compra, podería supor o peche dalgunha das oficinas.
  comenta   0
RDG e Galenergy alíanse para impulsar novas instalacións renovables nas que reservarán o 15 % do accionariado a concellos e axentes locais e priorizarán a Galicia interior.
  comenta   0
Galicia demanda a cesión en usufructo ou gratuíta de vivendas da Sareb para uso social e a súa inclusión no programa 'Viena'.
  comenta   0
A proposta, aseguran os concellos, foi recollida con "certa receptividade" polos representantes do Goberno central, que "se comprometeron a trasladarlle a proposta ao Ministerio de Facenda"
  comenta   0
A escola infantil do Gaioso, na parroquia compostelá do Eixo, ten a día de hoxe 9 matrículas, que segundo nos conta o pai representante das familias, Paul David Silva Pérez, para o ano pasarán a estar no límite entre o peche e a continuación. "Precisamos dárlle estabilidade a esta escola, non podemos estar sempre no límite, é moi agotador...", lamenta.
  comenta   0
"O único que fixeron ata agora son recortes e máis recortes. Agora deixan morrer os servizos sociais e de conciliación para despois botar a culpa a Rueda ou a Pedro Sánchez, o cal non coará", sentenciou a portavoz do PSOE.
  comenta   1
O Parlamento galego instou á Xunta, a través dunha proposición non de lei presentada polos populares e que contou co apoio do BNG, a esixir ao Goberno central dotación orzamentaria para os concellos ante a obrigación de facer un censo de instalacións e emprazamentos con amianto.
  comenta   0
Barro, Caldas de Reis, Meis, Moaña, Mos, Poio, Pontecesures, Porriño, Portas, Tui, Valga e Vilaboa pasarán dos 118.736 euros recadados o ano pasado aos 2.013.310 euros que percibirán entre todos este ano 2024, ao caducar a bonificación.
  comenta   0
O BNG rexistrou unha batería de iniciativas nas Cortes para coñecer as actuacións do Goberno ante os "problemas" e "deficiencias" no proceso de substitución do cobre pola fibra óptica no rural de Galicia.
  comenta   0
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) urxe á Xunta a tomar medidas ante esta problemática.
  comenta   0
Ultima unha campaña de medidas preventivas contra este insecto tras detectarse xa en Tirán.
  comenta   0
Os tres concellos que máis habitantes perderon entre os anos 2012 e 2018 foron Calvos de Randín, Avión e Padrenda, con perdas de 385, 294 e 630 veciños, respectivamente.
  comenta   0
Quen dixo que no rural galego non había oportunidades? Pois habelas hainas, como adoita dicirse, e ben boas, especialmente para os mozos. Dende o Galicia Confidencial sondeamos algunhas no que a vivenda baratiña se refire.
  comenta   0
Presentará proposicións para que retire o "polémico" índice, que segundo os populares "non está a funcionar" pese a que se aprobou hai 40 días e só se aplicou ata agora en Cataluña.
  comenta   0
Nesta cita, organizada por 'Ourense Rural é Vida' e celebrada en San Xoán de Río, centraron o debate os problemas de vivenda e mobilidade. “Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?”, foi o título que deu pé á controversia.
  comenta   0
Democracia Ourensana cuestionou se os partidos da oposición teñen "a síndrome de Estocolmo". "Danvos cousas para os vosos pobos e non sei se padecedes a síndrome de Estocolmo, porque estades adoitados a que non vos desen nada", esgrimiu Rafael Cachafeiro, portavoz da formación.
  comenta   0