Pediulle á Xunta que "asuma" as compensacións ao sector marisqueiro ou, en todo caso, que abra unha mesa de negociación co Goberno "para impulsar un novo convenio que blinde aos mariscadores".
Mariscadoras volvéronse a mobilizar este venres e para o 3 de maio convocaron un corte de tráfico na ponte da Pasaxe.
"O Goberno de España é o único que puxo diñeiro durante o tempo que durou a rexeneración da ría", expuxo coincidindo cunha visita que realizou a unha cooperativa en Oza-Cesuras.
A principios dese mes, o día 8, segundo explica o representante do colectivo Manuel Baldomir, procederase a sementar a cría, "pero ata que alcance a talla non se pode extraer". "Ao redor de 18 e 24 meses non podemos realizar o marisqueo" apuntou ao reclamar que nese período "non se deixe tiradas na rúa a 80 familias".
O partido de ultradereita sinala que esta ordenado de pago "supón unha grave vulneración dos principios electorais recoñecidos".
  comenta   0
"Galicia é unha nación pesqueira e marisqueira e queremos que siga sendo así, e iso pasa pola limpeza integral das nosas rías, tanto por razóns ambientais como de xeración de riqueza e emprego", proclamou este martes en Ribeira, un dos concellos afectados pola crise ambiental da vertedura de pélets e onde por primeira vez goberna o BNG.
  comenta   0
O Diario de Oficial de Galicia publicou este xoves as axudas extraordinarias e directas por valor de 4 millóns de euros para paliar os custos básicos do sector marisqueiro.
  comenta   0
Desde a agrupación coñecida como Poseidón denuncian á Consellería do Mar polo trato discriminatorio. Por parte da institución falan do conflicto entre os dous colectivos da mesma entidade.
  comenta   0
Os convocantes da manifestación en defensa do mar que tivo lugar en Santiago o 21 de xaneiro fan un chamamento á unidade do sector para reivindicar "entre todos" un plan de actuación que garanta "a curto e longo prazo" o desempeño da actividade mariñeira e marisqueira na ría galegas.
  comenta   0
Rueda anuncia 4,4 millóns para o sector marisqueiro afectado polas riadas de novembro e 46 millóns para políticas de emprego. Critica o anuncio de Sánchez da construción dun buque da Armada en Ferrol.
  comenta   0
Rula Domínguez, investigadora da UVigo, revela que "ante a baixada de salinidade a ameixa babosa e o berberecho son as especies máis afectadas, xa con baixadas de salinidade que non superen o 5, cando nas rías mesmo se pode chegar ao 0, á auga doce, cando os encoros desaugan; se iso pasa, péchanse e deixan de filtrar, e nese tempo non están crecendo, gastan enerxía para defenderse, para sintetizar proteínas, teñen cambios na reprodución e vense máis vulnerables aos depredadores".
  comenta   0
A candidata de Sumar Galicia á Presidencia da Xunta, Marta Lois, reuniuse este domingo cos mariscadores da ría de Muros e Noia, que "unicamente puideron saír a faenar once días" no último ano.
  comenta   0
O patrón maior de Noia, Santiago Cruz, lamenta que "ao cabo de anos, se non se recollen a tempo, ao degradarse o material soltará as substancias tóxicas que poderían filtrarse aos mosluscos, aos berberechos e á ameixa".
  comenta   0
O patrón maior da Confraría de Ferrol, Gustavo Chacartegui, detallou que por está situación "están afectados moitos socios" e que é necesario que "tomen medidas e convocar os cursos", algo que non fai "o ISM e que nos están enganando".
  comenta   0
As mariscadoras a pé da ría de Pontevedra retomaron a actividade este luns tras o parón de dúas semanas co obxectivo de recuperar o produto por mor da alta mortaldade producida polas treboadas e a baixada da salinidade.
  comenta   0
O Executivo autonómico indicou que os profesionais do mar "son conscientes" de que tras as obras a ría quedará "totalmente improductiva" e que "é fundamental" que se estendan as axudas durante ese tempo de inactividade
"Sabiamos que non toda a cría vai sobrevivir e vai morrer moita, pero isto é un mazazo novo", lamenta Quico Pérez, presidente da agrupación de mariscadores a pé en Noia.
  comenta   0
Sostén que o citado dragado "incumpre os criterios de rexeneración biolóxica ao sementar só dúas especies das catro que corresponden a este espazo, como son a ameixa babosa, a ameixa xapónica, a ameixa fina e berberecho".
Para evitar a enchida do encoro do Tambre Naturgy abriu as comportas, vertendo durante a baixa mar litros e litros de auga, baixando así a salinidade dos bancos marisqueiros e ocasionando a morte das crías de marisco. Santiago Cruz, patrón maior da Cofradía de Pescadores de Muros pide á Xunta "que esixa a Naturgy, empresa responsable do encoro do Tambre, que non abra as comportas en baixamar, teñen 16 horas ao día para soltar auga sen ser en baixamar".
  comenta   0
As capturas do bivalvo este ano supuxeron o 6 % das capturas de 2022 e o 13 % das de 2021. Nos dez primeiros días de campaña deste ano sacaron só 39,3 toneladas de moluscos, fronte a 226,6 toneladas hai dous anos e 433,5 no dez primeiros días de traballo durante o pasado ano.
  comenta   0
O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, lembrou que o "grave problema" do sector está "na evidente caída de produción dos últimos anos e merece unha intervención clara e con decisión de calado" sobre a situación das rías.
  comenta   0