O 20 de xaneiro de 2020 Luís Calvo "co propósito de alterar a realidade e dotala dunha aparencia de autenticidade" elaborou e asinou un informe no que constaba que por comisión de goberno extraordinaria aprobouse precintar a depuradora.
  comenta   0
Están destinadas a xudar aos concellos para financiar actuacións de rehabilitación e rexeneración urbana.
  comenta   0
O persoal que traballa na área do paritorio, quirófanos, urxencias xineco-obstétricas e planta de obstetricia remitiron un comunicado á dirección do Complexo Hospitalario de Ourense no que denuncian obras que non rematan nunca, suciedade e falta de hixiene no lugar de atención ás pacientes e tamaños reducidos e falta de servizos das habitacións. Dende Sanidade aseguran que están traballando na mellora da unidade.
  comenta   0
O obxectivo é fomentar o uso do galego, tanto na fala como na escritura, a través da creación poética e a lectura compartida, así como conseguir que os mozos de Primaria e Secundaria perdan "o medo a ler e escribir" poesía, segundo informou o CEIP Ría de Vigo.
A UCO di que Koldo tentou reunirse co presidente de ADIF por unha obra nun tramo entre Monforte e Lugo.
  comenta   0
O ministro recoñece que a transferencia ou rescate da AP9 non é "sinxela" e compromete manter as bonificacións. Di que "hai que ser máis pacientes e comprensivos" cos prazos "que non son realistas e que xeran unha expectativa".
  comenta   1
Viviu durante tres anos e algúns meses nesta cidade, onde pintou obras como a Torre de Hércules, o mar do Orzán, o monte de Santa Margarita e unha estampa rural de San Roque de Afuera, entre outros lugares, ademais dos seus primeiros retratos.
  comenta   1
Aínda que non lle gusta falar de temas persoais nos seus murais, ben é certo que os que fixo como homenaxe ao seu pai e no colexio dos seus fillos son para ela os máis especiais. Xunto á súa parella, Miguel Peralta, fundou a cooperativa Estola, e non paran de crear dende fai xa máis de 10 anos.
  comenta   0
Con este premio e a edición das obras galardoadas, a Fundación Xosé Neira Vilas recorda e honra a figura de Anisia Miranda.
  comenta   0
A temática desta edición, "O Xardín é unha obra de arte", trae á vila do Arnoia xardíns inspirados en obras de autores como Van Gogh, Monet, Maruja Mallo, Agustín Ibarrola ou René Magritte; e baseados en correntes artísticas como o impresionismo, o cubismo, o surrealismo ou mesmo o pop.
  comenta   0
Feminismo, historia e arte, política e literatura infantil, á cabeza das obras editadas en lingua galega no que vai de 2024, así como reflexións arredor da propia lingua.
  comenta   0
O acto volveu a representar o excelente momento creativo da comunidade do libro en Galicia e volveu a pór de manifesto a necesidade de que esa creatividade estea acompañada por políticas que incrementen a visibilidade e a presenza do libro e da literatura galega na sociedade.
  comenta   0
O aparellador asinaba un informe pericial, no que se reafirmou na vista, que apuntaba que as obras de instalación do ascensor premitirían o acceso a usuarios con cadeira de rodas e melloraría as condicións de accesibilidade do inmoble para persoas con mobilidade reducida. Contradicíase co afirmado por el mesmo para o trámite de solicitude de licenza municial realizado semanas antes.
  comenta   0
Vigo sitúase á cabeza con diferenza, coas festas de Coia e o verán como picos de ruído. Lugo, pola contra, perde ruído nos meses de verán, cando a xente deixa a cidade. Outras cidades como é o caso de Ferrol xa non manifestan niveis de contaminación acústica elevados en ningún mes do ano 2023.
  comenta   0
A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deron este venres a súa conformidade ao proxecto para reformar a Avenida de Madrid, unha das principais vías de acceso á cidade desde a meseta e Portugal, e en cuxas obras, que comezarán a principios do ano que vén, investiranse 16,8 millóns de euros.
"Unha edificacion que teña orde de demolición e non se execute en 15 anos si que pasaría a situación de fóra de ordenación, con todo unha edificacion que leva 40 anos edificada nunca estaría nesa situación", citou como exemplo a conselleira de Vivenda, María Martínez.
  comenta   1
O BNG pide que non se suprima a última conexión entre Ourense e Lugo para os viaxeiros que chegan a Ourense no último convoi da xornada.
  comenta   0
Pediulle á Xunta que "asuma" as compensacións ao sector marisqueiro ou, en todo caso, que abra unha mesa de negociación co Goberno "para impulsar un novo convenio que blinde aos mariscadores".
Goretti Sanmartín e o Foro Cívico repasaron os asuntos "de maior interese" para a cidade, como a parcela de Peleteiro, o orbital ou o aparcadoiro do CHUS.
Novenoel é un dos fundadores do festival de arte Viladomar 'máis alá dos muros' que enche cada ano, dende o 2018, esta pequena vila mariñeira de cor. Despois de ver como en México os murais "formaban parte da identidade do pobo", animouse a traer esta idea á súa vila natal.
  comenta   0
"O único que fixeron ata agora son recortes e máis recortes. Agora deixan morrer os servizos sociais e de conciliación para despois botar a culpa a Rueda ou a Pedro Sánchez, o cal non coará", sentenciou a portavoz do PSOE.
  comenta   1