Nerviosismo na Xunta polo incumprimento das promesas electorais

A dirección do Partido Popular acaba de poñer en marcha unha comisión que se encargará de velar polo cumprimento do programa electoral. O motivo; o incumprimento que a nova Xunta está a facer de determinadas promesas electorais, entre elas, a gratuidade do libro de texto e o fomento do software libre...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/07/2009 | Actualizada ás 08:59

Comparte esta noticia

Ao parecer, as expectativas de apoios da campaña superaron o previsto e son xa miles os correos de apoio que lle chegaron á Secretaría Xeral de Modernizacion e outros enderezos da Xunta e do Parlamento. Informannos que "a xestión dos buzóns de correo de Presidencia está tendo algúns problemas debido a que están desbordados de correos con peticions de apoio".

Parte destas críticas teñen a súa orixe fora de Galicia pola repercusión que está a ter nos foros da internet  a decisión do goberno de Feijóo, que contrasta coas promesas tan claras que fixera na campaña electoral: "implantar estándares abertos e software libre na Xunta", tal e como recolle o programa electoral. Tamén Hispalinux, a asociación estatal máis potente no sector, decidiu tomar cartas no asunto.

Por outra banda, os centros de ensino tamén se están coordinando para incrementar a presión sobre o Executivo galego logo da súa decisión de rematar coa total gratuidade dos libros de texto que puxo en marcha o bipartito. Neste senso, a través da plataformapolagratuidade está impulsando unha campaña de recollida de sinaturas que, nunha semana, acadan xa as 7.000.

Algúns van máis alá, como os centros do Morrazo, e comezaran hoxe mesmo unha campaña informativa e de recollida de sinaturas nas rúas desta comarca. Nunha xuntanza que tiveron a comezo da semana, as ANPAS de Bueu, Cangas e Moaña acordaron por unanimidade"tomar medidas en contra da non gratuidade dos libros de texto aprobada pola xunta". Por iso, recomendarán ás familias que non reserven nin merquen os libros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

12 Informático

Volverán as escuras anduriñas e con elas as antigas e amigas consultoras: Coremain, Tecnocom, Altia, Oesía e Soluziona. Tamén os proveedores directos, Sun e Microsoft que non falten.

Fóra deste grupo non hai nin que pedir orzamento. As pobres pemes galegas non orzamentan tan ben, nin con tanta gracia, nin con tanto papo, nin reparten comisións tan xenerosas coma estes líderes do sector (que ao final subcontratan todo)

11 Bule bule

Gran tipo o conselleiro da educación.

Practica a "austeridade", favorece o "aprendizaxe e o coñecemento" das línguas e ademáis fala galego na intimidade como Aznar có catalán. Que máis se pode pedir??

Xa que estamos, por que non coller a eses asesores e poñelos a contar os votos do pucherazo que se montou vai para 2 meses??

10 Picara

Estou farta de traballar cos rapaces da ESO ¿ Que teño que facer para que o ilustrísimo Jesús Vazquez me nomee asesora da Consellería de Educación? Unha asesoría mais non se notará moito nos orzamentos, ou si?

9 Por un BNG de futuro e con futuro » Arquivos » Éxito da campaña das Ciberirmandades

[...] o que vén por aí Publicado na categoría Anuncios e noticias | Trackback | del.icio.us |Enriba [...]

8 Kali

Debe lerse hoxe "La Voz de Galicia": Educación supera ya el centenar de asesores, la mayoría elegidos a dedo

http://www.lavozdegalicia.es/galici...

Están reducindo e agrupando nenos en infantil e primaria, en ESO, bacharelato, nas EOI, ... perxudicando a calidade do ensino, suprimindo profesorado e incumprindo a promesa electoral de 15 alumnos por aula en primaria, ... e están metendo a todo deus de asesor, co que o aforro, onde vai?
Paréceme que esta noticia era merecedora dunha entrada neste espazo, e noutros tamén.
Hai maneiras de aforrar cartos sen perxudicar a calidade do ensino: unificando centros pegados (Viveiro, Betanzos, Boiro, ...) co que se aforran cartos en cargos directivos, xefaturas de departamento e, sobre todo, se optimiza o transporte escolar (que é 0 5.8% do orzamento de educación), os comedores escolares, ... e se melloran servicios, con máis especialistas e material a disposición do alumnado.
Pode optimizarse o gasto usando software libre no ensino (millóns de euros en licencias), eliminando os concertos educativos onde hai suficiente capacidade de atención pública, ... reducindo o horario de relixión, co que se aforrarian os comedores escolares na ESO (e o transporte de mediodía), ...
Pero o único que fai o xefe é machacar aos alumnos, ao profesorado e ás familias.
Menos mal que é unha consellería mandada por "técnicos".