Xogarse a pel por facer folga en Galicia

Traballadores recompilan na Rede como certas empresas, incluídas os maiores empregadores do país, intimidan e ameazan aos que secunden a folga do 29M. Lista das 30 empresas denunciadas no interior.

Por Walter Burns | O Irixo | 21/03/2012

A rede comeza a mobilizarse de cara a folga social convocada pola práctica totalidade de sindicatos para o próximo 29M. Unha das iniciativas cidadáns a nivel estatal, denominada  29M Sin miedo, pasa por denunciar aquelas compañías que presuntamente violan o dereito de folga, por exemplo, ameazando con despedimentos aos que secunden a convocatoria.

En Galicia os activistas sociais denunciaron polo de agora 30 compañías:

Ningunha das compañías citadas publicou polo de agora a súa versión.

Ameazas máis ou menos veladas en firmas grandes: Citroen, Inditex, Gadis, etc.

O grao das presuntas represalias é moi variábel. Por exemplo, no caso do xigante do téxtil Inditex (Zara, Pull & Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, etc.) as presuntas intimidacións pasan por "tomar nota de quen secuende a folga", da actividade dos piquetes informativos e de vixilar o paro nas subcontratas.

A fábrica de Citroën en Vigo é sempre un dos grandes obxectivos dos piquetes. As denuncian pasan porque "algúns empregados fixos que apoiaron outras folgas foron cambiados a un posto peor", estes quedan sen suba de salario e os eventuais que van a folga non son renovados. Neste mes a empresa automobilística xa preguntou quen secundaría a mobilización.

Noutra compañía con moitos empregados, Supermercados Gadis, hai "reunións do empresario co cadro de persoal para intimidar".

Pouco sutís son tamén as presuntas ameazas en Greriatros, empresa privada que leva moitos centros públicos para maiores, onde os traballadores recibiron cartas, segundo os denunciantes, lembrándolles que teñen pendente de renovar o contrato despois do 29M.

Vixiantes privados para intimidar aos traballadores

Máis grave é o caso de Aluminios Cortizo, onde os asalariados denuncian, ademais de quendas de até 16 horas de traballo, "ameazas verbais para cumprirnos a nosa xornada" e que "coloca vixiantes ao longo da estrada todo o día diante da fábrica, o que secunda a folga ese día vai para a casa".

En Bosch de Vigo "están ameazadas que se fallan ao traballo o 29M van ser sancionadas". En Hiperxel, tamén da capital olívica, os proletarios denuncian intimidacións e que aos eventuais non se lle renova o seu contrato se exercen o seu dereito ao paro.