O Trofeo "Miguelito" de Judo reúne a máis de 3.000 nenos e nenas

Galicia Confidencial asistiu á primeira das series da mañá, celebrada ás 9:15, protagonizada polos máis pequenos e pequenas participantes. Ver vídeo.

Por Paco Gallego | A Coruña | 23/04/2012

O pasado domingo 22 de abril celebrouse na Coruña o XXIV Trofeo Miguelito de Judo, un evento que comezou a conmemorarse en 1989 en lembranza de Miguelito, un rapaz falecido con dezoito anos e afeccionado ao judo. Miguel Ramos, o seu profesor, foi tamén o promotor desta iniciativa que agrupa a máis de 3.000 nenos e nenas de entre tres e doce anos, da Coruña e comarca, en vinte tatamis e recibe no Coliseo herculino a unhas vinte mil persoas.

Asistimos á primeira das series da mañá, que comezou ás 9:15, que estivo protagonizada maioritariamente polos máis pequenos e pequenas de entre os participantes.

Galicia Confidencial estivo alí.