Os soldos dos concelleiros en tempos de crise
A concelleira do CDL en Gondomar rebaixa por segunda vez o seu salario coa oposición dos seus compañeiros de corporación, do PPdeG.
Por Galicia Confidencial | Porriño | 06/07/2012
A Concelleira de Facenda e Emprego do Centro Democrático Liberal en Gondomar (Pontevedra), Natalia Salgueiro, volveu rebaixarse o soldo por segunda vez no que vai de lexislatura.
Salgueiro xa rebaixara o seu soldo cando entrou no consistorio municipal, pasando de cobrar 42.000 a 35.000 por unha adicación exclusvia. Desta volta e, segundo explica o CDL, "ante a degradación da saude económica dos seus veciños e do entorno en xeral", Natalia Salgueiro volveu a autorebaixarse o seu soldo ata 31.500 euros ao ano.
Negativa
Nesta ocasión o grupo do CDL conta ca oposición frontal dos membros do seu socio de Goberno, o Partido Popular, que xa anunciaron unha negativa a calquer axuste nos seus soldos.
O CDL solicitou tamén ao PP de Nigrán e ao BNG en Tomiño rebaixas neste senso. "Pero ámbolos partidos nen sequera se dignaron a debatir esta cuestión nos seus respectivos plenos", di este partido.
Láncara e O Incio
Os centristas liberais lembran que os seu concelleiro en Láncara (Lugo) dispon dunha dedicación mileurista e en O Incio, tamén en Lugo, o CDL apoiou a alcaldesa Laura Celeiro do PSOE, entre outras cuestións, "coa condición de rebaixas sustanciais nas pecunias que co PP ascendían a cifras de escándalo".