A Facultade de Economía da USC leva tempo traballando conxuntamente coa Cátedra 'Albertino de Figueiredo', que leva o nome do presidente de honor de Afinsa e un dos imputados no caso da estafa da filatelia...
Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/05/2006
Esta colaboración comezou no 2001, cando o entón rector da USC, Dario Villanueva, e a Fundación Albertnio de Figueiredo firmaron un convenio de colaboración polo que a primeira aportaba cartos e a Facultade de Economía os medios e materiais para realizar charlas e conferencias.
Por esta cátedra xa pasaron o propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ou o ex voceiro nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras. Mesmo o pasado xoves, o día no que entraban en prisión cinco dos imputados neste caso, a CEG organizaba un acto en colaboración con esta Cátedra.