A pelexa lingüística (2ª parte): O galego, dialecto do portugués?

Hai unha fronte lingüística que ós galegos ou nos gusta moito ou non nos gusta nada tocar: a portuguesa. Moito se ten falado do vínculo galego-portugués e da orixe común de ambalas dúas linguas, pero poucas veces se coñece a opinión que os portugueses teñen do noso idioma.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/05/2006

Para moitos lingüístas do país veciño, o galego é un dialecto do portugués e non só o cren así, senon que científicamente o acreditan como tal. Un exemplo disto está na Gramática da Língua Porutuguesa Universal, que é a que utilizan, principalmente, os estudantes estranxeiros que comezan a aprender esta lingua.

Deste xeito, asegura que o galego é un dialecto do portugués europeo que "é falado na Galiza e diferenciam-se em duas zonas: a do litoral e a do interior". Xunto co galego sitúan ós dialectos portugueses setentrionais (Trás-Os Montes e Alto-Minho, Baixo-Minho, douro Litoral e beiras interiores) e dialectos portugueses centro-meridionais (zona dende Aveiro até ao Algarve e, no interior, desde Castelo Branco até ao Algarve".

Sen embargo, esta guía diferencia os dialectos das línguas derivadas do portugués que identifica cos crioulos africanos (crioulos de Cabo Verde, Golfo da Guiné e continentais), asiaticos (o da Malaca, Macau, Sri-Lanka ou Chaul, na India), Oceanía (Tugu, en Java) e os americanos (Brasil).