Novas canteiras no Courel

Sos Courel e Adega acaban de remitir sendos recursos de reposición pola concesión de dúas novas canteiras concedidas a Cupire Pades (Cupa Group) no Courel...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/02/2007

CupaII, fracción 3ª , entre a Campa e Vidallón (Na cunca do Lor)

http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=anboe&id=2007/011101 http://www.siam-cma.org/expaval/pdf.asp?id_documento=904

CupaII, fracción 2ª, xunto ao pregue Tumbado do Courel(Campodola), un dos 5 fitos xeolóxicos máis destacados da Península Ibérica.

http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=anboe&id=2007/011101 

http://www.siam-cma.org/expaval/pdf.asp?id_documento=903

No verán de 2006, xa recurríramos, outra nova canteira da que non sabemos que pasou aínda, a Ilusión, fracción 2ª (Na cunca do Lor), non se nos contestou.

http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=anboe&id=2006/160153

Recordamos que no Courel xa funciona outras 6 grandes canteiras de pizarra (Vilarvacú, Pebosa, Ferlosa, Cupiga, Piquisa e La Campa), a maiores de 2 de cuarcita, 1 de caliza, e varias de pizarra bermella.Vilarvacú, Pebosa, Ferlosa, Cupiga e Piquisa,  no val dos ríos Pacios e Vilarvacú, ambos afluentes do Quiroga; os tres biolóxicamente mortos.

La Campa, na cunca do río Laruda, tamén morto, afluente este do Lor. Enlaces con imaxes desta canteira ilegal, non ten licencia municipa nin autonómica:

http://ecotono.net/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=5

http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=103

http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=51

http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=125

http://www.serradocourel.com/

O Courel está xa na Rede Natura, afectado polo tanto polo artigo 6 da Directiva 92/43/CEE

Foi declarado legalmente Espacio Natural, polo tanto afecto xa polo artigo 39 da Lei da Lei 9/2002

Eses dous artigos representan as restriccións máximas que pode ter o Courel, seña ou non Parque Natural.

O Parque Natural ven a determinar a xestión do lugar, e supón o vestido económico do Espacio Natural, xa declarado.

Se os veciños rexeitaran o Parque Natural, quedaríanse na Rede Natura, sen o agasallo e a "etiqueta" de tal declaración..

É curiosa a participación pública no debate electrónico  que abriu a Voz de Galicia na edición de Lemos http://www.lavozdegalicia.es/ed_lemos/opina.jsp.

Estamos seguros de que un pequeno anaco do Courel será Parque Natural, porén dende SOS Courel estamos en contra de calquera "paripé en miniatura" cremos que se debe declarar integramente  as cuncas do Lor, do Selmo, do Soldón e do Ferreiriño como mínimo.

Recuperar e presentar especial vixilancia a cunca do río Quiroga, onde están a maior parte das explotacións de lousa, para a larga incluíla dentro do Parque Natural.

A xente do Courel está a favor do PN, pero estase a boicotear tal declaración por outros intereses que todos coñecedes: 

- No Courel non hai médico a partir das dez da noite, dende o 2002.

- No Courel non hai transporte público dende o 2004, cunha poboación totalmente envellecida.

- No Courel non hai nin un só veciño ou veciña que traballe en Medio Ambiente.

- @s trece integrantes das brigadas do lume, traballan fora do noso Concello, non hai ningunha brigada no Courel.

- O Lixo municipal segue  tirado polo monte.

- A Estación Biolóxica, non se fai, despois de os veciños da vila de Seoane, comprar un solar por 12.000 euros fai 7 anos.

-  A Ferrería permanece pechada dende a súa restauración con fondos públicos,  fai arredor de 8 anos.

- O albergue que se rematou no verán do 2006, construído con fondos públicos, aínda non se abriu, por, ao parecer, problemas na relación  camas/ metros cadrados.

- No 2003, os veciños pediron o asfaltado da pista forestal que dá aceso directo a Monforte, acurtándose a distancia ao Hospital Comarcal nunha media de 25 quilómetros, en troques a Xunta ven de aprobar a unha super estrada por Quiroga, xustificándoa polo transporte da lousa. Mentres o acceso a A6, segue atascado no quilómetro 3, despois de 3 anos.

- Mentres @s pouc@s veciñ@s que quedan a maioría xubilad@s se afanan por coidar o souto, o mellor da Provincia; a Xunta segue a arar os montes con "buldozers" e a plantar piñeiros.

- Cando xa se ten dabondo comprobado, que as canteiras non serven para fixar a poboación, temos  a menor densidade de poboación de Galiza; xa están en marcha 4 novos proxectos para outras tantas canteiras de lousa.