Remitennos unha carta ao director na que critican a situación actual da TVG...
Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/03/2007
A TVG DO PROGESO
¡¡¡Os novos tempos son chegados á TVG, O CAMBIO instalouse no ente público!!!.
Por fin rematou a longa noite e o mencer fixo realidade a nosa esperanza... Por fin afastouse a censura, a manipulación. Xa non hai contratacións a dedo, privilexios dos amiguetes, Agora esquecímonos da temporalidade, da precariedade, se eliminou o derroche orzamentario e a privatización agachada. A nova programación é fresca, intelixente, xove, atrevida, dirixida a toda a sociedade... o alba ilumina poderoso co novo fulgor da G.
Este podería ser un comentario apaixoado que respondera á nova xestión do ente público do país. Pero polo visto no tempo que o novo equipo leva ó fronte do canle ningún deses preceptos básicos tense cumprido mais ben todo o contrario estánse afastando as posibilidades de conquerilos no futuro.
A nova dirección da CRTVG navega errática, sen norte. A maioría dos traballadores están desilusionados, os que máis os que votaron polo cambio. Non se aprecian melloras por ningun lado: non se aceptou a proposta de convenio -foi rechazado no refrendo por maioría aplastante-. Segue sen funcionar o tema das listas de contratación e polo tanto faise a dedo. Os vellos privilexiados manteñen o seu estatus, O organigrama apenas trocou e antigos xefes dos departamentos de planificación e xestión seguen tendo postos de relevancia. A privatización xa non é encuberta senon descarada. Os empregados da TVG comproban como son marxinados pois o groso da programación vai a mans das produtoras.
A nova política de produción é contraproducente, en teoría apóstase pola produción propia pero na realidade nos platós da Tvg, agás os informativos que ocupan o plató 300 toda a semán, non hai apenas gravacións: Est 5: Hai debate e culturais, dous días. Plató 150: volver ó rego, un día. Est 4: presentacións dos espazos con croma. Un día. E as dotacións de personal deses platós a velas vir polos pasillos.
Ademais de estos a tele somentes fai programas-documental como Alalá e Historias de Galicia con cámara de exteriores, os micro espazos dunha sola cámara e as retransmisións -na actualidade acostuma haber unha de deportes á semana-.
Todos os programas de entreteñemento, concursos, documentais, series, musicais, magacines e ata a misa fanse nas produtoras. As mesmas produtoras que traballaban co PP de xeito tan criticado pola oposición, que falaba de privatización encuberta, traballan agora moitísimo máis para o bipartito. Faro, Voz Audiovisual, Pórtico, CTV-Grupo Correo, Zenit, Continental (Pancho Casal-Reixa nas suas diversas empresas), TV-7 e alomenos cinco produtoras máis copan os seus platós e teñen ó seu personal sobreexplotado para poder cubrir o exceso de produción que se lles demanda. Ante a falta de equipamento técnico de algunha produtora a TVG non ten reparos en por a súa disposición os medios técnicos públicos, como unidades móbiles con toda a dotación material e os técnicos da casa para poñela a andar. Incluso a algunha produtora mércanselle programas a sabendas que non se van emitir. Os motivos de esta política?: por unha banda compra encuberta da opinión nos medios de comunicación máis importantes e probablemente un bo cazo para alguén. Vellas prácticas de outros tempos que pronto asimilaron os actuais gobernantes. E o cómite de empresa mantén un sospeitoso silencio.
A calidade dos programas é algo de tolear. Levamos vinte anos escoitando que A Galega debe dignificar a programación, que ten que chegar a todos os sectores sociais, que debe atraer á xente nova, urbán e culta. E para iso nada mellor que facer aínda mais longo e insoportable o Luar, recuperar o Superpiñeiro para presentar un esperpento de programa que ridiculiza os nosos maiores, parir unha réplica de OT en versión cutre e cuasi cómica con participantes de oitenta anos cantando ¿? cancións de misa. Cargarse culebróns américanos aducindo carencia de calidade para poñer seudo culebróns das produtoras que non son máis que un plaxio dos outros. Fomentar o humor zafio e escatolóxico e amosar unha falta de rigor profesional no tratamento estético dos programas cuns decorados dignos de unha televisión de prácticas escolares, sen iluminación, sen espazos adecuados cun son pobre etc. Todo isto debérono aprender as mentes pensantes na xuntanza que organizaron para falar dos novos formatos de televisión no Pazo do Carme.
No BNG non deben estar moi orgullosos da súa televisión porque evidentemente a responsabilidade nos contidos é súa. Quén nombrou a Suso Iglesias Director da tele? Quén saíu fachendoso presentando a volta do paisano Superpiñeiro á Tvg?. Quén defendeu o Luar porque é un programa moi visto? Os señores Quintana e Losada. No PSOE creen que con dar un balance económico aceptable e cambiar a imaxe dos informativos xa cumpriron a súa parte pero so fixeron eso, cambiarlle a imaxe, as novas séguense contando do mesmo xeito anticuado e impersonal co que se facía na etapa do PP, eso sí cambiándolle a tendencia e os protagonistas. E os asuntos de personal son un polvorín cas chiscas prendidas.
O panorama é desolador e desgrazadamente so beneficia a uns, aos antigos inquilinos feudais que agora teñen motivos para xustificar que calquera tempo pasado foi mellor, que outro virá que bo te fará, que estes pobriños non saben por donde andan... e o peor de todo é que non lles faltan razóns para decilo.
Paremos esto urxentemente, fagámonos oir, mobilicémonos. Exixamos dunha vez por todas:
DIGNIDADE, TRANSPARENCIA, PROFESIONALIDADE E RESPONSABILIDADE.
Carlos F