O alcalde de Valga sorteará duas viaxes en comidas con emigrantes

Siguennos chegando mensaxes dos nosos emigrantes informando sobre actos electoralistas na emigración, especialmente, o que o alcalde de Valga, o popular José María Bello, celebra mañán na Asociación Hijos y Amigos del Ayuntamiento de Valga en Arxentina. Esta fin de semana outros catro alcaldes populares visitán o país iberoamericano...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/03/2007

Bello Maneiro celebrará en Arxentina duas comidas cos emigrantes; a primeira na Asociación Hijos y Amigos del Ayuntamiento de Valga, o sábado e a segunda no Centro Cultural del Partido de la Estrada, o domingo.

Asegurannos que en cada unha destas comidas o rexidor popular sorteará entre os asistentes que estén censados no seu concello duas pasaxes (tal e como xa fixo o alcalde de Catoira, Alberto García) para poder asistir á XII Festa da Anguia que se celebra en Valga en Agosto. "Para ello debemos llevar el pasaporte y hacer la reserva en los teléfonos 4290 3506 / 4361 5562 / 4567 2988", aseguran nunha mensaxe que chegou o noso correo.

Durante a súa estancia, Bello Maneiro atenderá durante duas tardes, o luns 2 de abril e o martes 3, aos valqueses que non poidan asistir as comidas previstas para informar "acerca del procedimiento vigente para solicitar el voto para las próximas elecciones municipales". Estes encontros terán lugar na sede da Sociedad Española de Socorros Mutuos de Monte Grande.

Ademáis, do alcalde de Valga tamén acudirán a Bos Aires durante este fin de semana os rexedores de Meis, Cambados, Vilanova de Arousa e Ribadumia, todos eles do PPdeG. Os tres primeiros manterán xuntanzas na sede da Sociedad Parroquial de Vedra e a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, na Casa de Galicia.

Pero, non só os cargos institucionais galegos visitan Arxentina estes días. Tamén o fixeron o presidente do Partido Popular de Asturias e candidato á Presidencia del Principado de Asturias, Ovidio Sánchez, o pasado fin de semana, e o viceconsejero de Emigración do Goberno das Illas Baleares, Efraín Medina, do PP, este fin de semana.