Carta ao director sobre Ramonet e Chao

Remitennos un correo para ser publicado por este medio..."Esta carta envieina a Cartas al Director de La Voz de Galicia. Como teño poucas esperanzas de que sexa publicada aí vola mando"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/07/2006

Volve a censura

Gustabame de ler os artigos que semanalmente escriban Ignacio Ramonet e Ramón Chao. E digo gustabame porque xa non o poderei facer máis.

Acabo de enterarme de que están vetados nestas páxinas. Parece ser que algún ,tal vez para protexernos das suas ideas antiglobalizadoras, decideu prescindir deles .Así, sin dar máis explicación. Véxoo como un dos maiores erros deste xornal. Espero que non sexa a primeira palada da sua propia tumba. A min as ideas destes dous homes parecenme do máis sensatas . Entendo que haxa xente que non as comparta porque cada quen leva un mundo dentro da sua cabeza, pero unha cousa está clara: O único que consigue La Voz de Galicia censurándoos é desprestixiarse como medio de comunicacin. E senón o tempo o dirá.

Ignacio Ramonet non é un perigoso activista. Acaba de recibir o II premio José Couso como director de Le Monde Diplomatique. Este premio periodístico é un recoñecemento dos seus compañeiros á LIBERDADE DE PRENSA. Non é a medalla de ouro da Xunta. Esa o único que recoñecía era a sumisión a un exministro de Franco que inexplicablemente gobernou Galicia durante 16 anos.

PD: Non creo que esta carta saia á luz . Nin o estilo nin o tema son bos. Quedame a honra de ser silenciado polo mesmo censor que o fixo con dous dos paisanos máis notables que temos.

Francisco Maceira

Ferrol

Maio de 2006