Informamos sobre os datos que o PP recibiu da Consellería de Vivenda sobre o desenvolvemento do concurso para a construción de vivendas de protección oficial en San Paio de Navia...
Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/04/2007
"As ofertas presentadas, así como o orzamento presentado por cada unha délas son as seguintes:
BROS NOROESTE, EMPRESA INMOBILIARIA, SL, 24.642.116,88 (IVE excluido)
UTE: EDUARDO CHAO PROMOCIÓN DE VIVENDA, 23.297.294 (IVE excluido)
PROTEXIDA S.L.U. E SOCIEDADE COOPERATIVA, 22.674.384 (IVE excluido)
EDUARDO CHAO III, 23.859.561,68 6 (IVE excluido)
VESCOOP, SOCIEDAD COOPERATIVA, 22.741.568,50 6 (IVE excluido)
INMOBILIARIA PUENTES Y CALZADAS, SL, 24.384.159 6 (IVE incluido)
INMOBILIARIA URBIS, S.A., 18.771.963 6 (IVE excluido)
NOVA NAVIA, COOPERATIVA, 23.799.713 6 (IVE excluido)
COOPERATIVA DE EMPLEADOS DE VITRASA, 26.575.515 6 (IVE incluido)
SOCIEDAD COOPERATIVA GALLEGA DE VIVIENDAS, 23.471.593 6 (IVE excluido)
U.G.T. - VIGO, 25.799.397,49 6 (IVE incluido)
CONSTRUCCIONES RAMÍREZ, S.L., 19.391.986,30 6 (IVE excluido)
VITRA NORTE SOCIEDAD COOPERATIVA GALLEGA, 21.663.651,27 6 (IVE excluido)
FERSUAR, 23.744.316,29 6 (IVE incluido)
EIRA VELLA, SOCIEDAD COOPERATIVA GALLEGA, EXCLUIDA
COVIGO 2002 SOCIEDAD COOPERATIVA GALLEGA, EXCLUIDA
PROVIVENDÍ INVERSIONES, SL, EXCLUIDA
JUAN SANPEDRO GRUPO INMOBILIARIO EXCLUIDA
UTE COOPERATIVAS COVIPESA/PROVIPESA EXCLUIDA
Os criterios considerados para o baremo foron a calidade e rigor do estudo de viabilidade económica, as garantías do carácter social da promoción e a calidade arquitectónica.
Valórase en maior medida:
- Propostas arquitectónicas ñas que as solucións construtivas, especialmente as relacionadas coa utilización de criterios de sostibilidade, están debidamente xustificadas de xeito que sexa posible a súa execución tendo en conta o prezo máximo de venda por m2 de protección autonómica.
Para elo estímase como referencia as calidades indicadas na Normativa Técnica do IGVS, as promocións de vivenda pública en xeral e a referencia de promocións recentes de carácter semellante á que se valora, que se están a levar actualmente neste ámbito de S. Paio de Navia.
- A imaxe arquitectónica do inmoble dende o exterior e a proposta de tratamento do espazo público interior e a relación co entorno, mesmo os accesos dende os viais públicos.
- A disposición das propias vivendas, a distribución interior délas conforme ao programa funcional habitual da vivenda en edificación colectiva con limitacións impostas pola normativa de VPA.
Tense en conta como aspectos que minoran a valoración do anteproxecto:
- Solucións arquitectónicas que poden suponer custos excesivos que fagan inviable ou penalicen a promoción, xa que ¡rían en contra da promoción.
- Aquelas propostas que no caso de resultar adxudicatarias deban realizar adaptacións importantes para axustarse á normativa, de xeito que esta adaptación varíe significativamente o aspecto do inmoble, a disposición e distribución das vivendas ou as superficies útiles globais de uso residencial.
Por outra banda, valóranse as solucións construtivas innovadoras que, dende o punto de vista técnico se consideran axeitadas e proporcionadas ao custe que debe ter a promoción. Para elo propóñense como mellores as que integran as solucións construtivas innovadoras na propia edificación como un elemento arquitectónico máis.
Faise a valoración do equipo técnico considerando os medios a empregar e a experiencia que acreditan en obras de natureza análoga.
O plan de control de execución da obra valórase de forma ponderada en comparación das distintas ofertas presentadas distinguindo as que o presentan con maior grado de pormenor e valorándose mellor as que teñan propostas específicas en lugar de solucións de carácter xenérico.
Valórase o rigor do estudio financeiro de ingresos e gastos, o detalle co que se desglosa cada un dos conceptos que supon gasto ou investimento na execución da obra; valórase tamén a análise da comparativa e acumulativa de ingresos e gastos e prazo de execución da obra e do investimento da promoción; a relación de técnicos, equipa multidisciplinar, con incorporación de técnicos e asesores xurídicos, sociais e financeiros. Estudio dos currículos e experiencia en vivenda colectiva e de protección; o estudio completo de prezos de vivendas propostas, garaxes e rochos, e redución do prezo con respecto ao módulo oficial; e, por último, a disposición de locáis técnicos e sociais a disposición do desenvolvemento da promoción.
O tribunal técnico foi integrado polos seguintes membros:
Da Consuelo González García, Xerente do IGVS
D. Vicente Ruíz Soldevilla, Director Técnico de Solo do IGVS
D. Federico del Campo Navarro, Arquitecto designado pola Presidenta do IGVS. Director Técnico de Construccións do IGVS.
D. Alberto Balea Filgueiras, Arquitecto designado pola Presidenta do IGVS. Xefe da Oficina Técnica do IGVS
D. Ignacio Cerrada González, Subdirector Xeral de Habitabilidade e
Calidade da Edificación da Consellería de Vivenda e Solo.
D. Juan Luis Piñeiro Ferradas, Arquitecto nomeado polo Concello de
Vigo
Da Marta Rodríguez Fernández, Arquitecta designada pola Conselleira
Vivenda e Solo
Da Marina Fernández Cañizo, Xefa Servizo Técnico-Xurídico do IGVS
Tras o estudo detallado do informe emitido polo tribunal técnico cualificador da documentación dos sobres B e C de cada unha das propostas presentadas, os componentes da mesa de contratación acordan por maioría de votos aceptar as valoracións das ofertas e proponer neste acto a adxudicación das parcelas XIX e XX da área residencial de San Paio de Navia en Vigo á UTE: EDUARDO CHAO PROMOCIÓN DE VIVENDA
PROTEXIDA SLU E SOCIEDADE COOPERATIVA EDUARDO CHAO I I I .
A notificación da Resolución de adxudicación foi realizada:
- á empresa adxudicataria UTE Eduardo Chao Promoción Vivenda
Protexida S.L.U. e Sociedade Cooperativa Galega Eduardo Chao III
mediante oficio de data 27 de decembro de 2006 (confirmación fax
27/12/2007).
- ás empresas non adxudicatarias Sociedad Cooperativa Vescoop,
Inmobiliaria de Puentes y Calzadas S.L., Inmobiliaria Urbis, S.A., Vitra
Norte Sociedad Cooperativa Galega, Sociedad Cooperativa de Empleados
de Vitrasa, Juan Sampedro, S.L., Fersuar S.L., Eiravella, Construcciones Ramírez S.L., Promotora de Viviendas para personal sanitario Sociedad Cooperativa Gallega, Sociedad Cooperativa Gallega de Viviendas UGT Vigo, Covigo 2002 Sociedad Cooperativa, Provivendi Inversiones S.L., Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria S.L., mediante oficio de 29 de decembro de 2006 (confirmación fax 03/01/2007) agás Nova Navia (que tras varios intentos de envío non se confirma o fax ata o día 08/01/2007).
- Mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia (n° 23, de
1/02/2007, Resolución de 3 de xaneiro de 2007)."