Documento.- As actividades inmobiliarias de Conde Roa

Escribennos denunciando as actividades inmobiliarias de Gerardo Conde Roa. Logo de comprobar a existencia dos datos no rexistro, GC publica este documento no que se vincula ó candidato do PP en Santiago coa empresa Geslander Proyectos de Edificación S.L., beneficiaria dun concurso de solo público na Comunidade de Madrid...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2007

"Son un veciño do concello de Santiago que non busca ter ningún protagonismo, mais que si quere que a ética siga rexindo o no noso goberno municipal. Neste correo adxúntolle, por si poidese ser de interese, unha nota do Rexistro Mercantil a través da páxina oficial deste organismo (http://www.registradores.org ), onde se demostra que o candidato do PP á alcaldía do noso concello é asemade Promotor Inmobiliario a través da firma Geslander Proyectos de Edificación, S.L.. Foi beneficiario dun concurso de solo público por parte de Esperanza Aguirre no Concello Madrileño de Parla (promoción de vivendas con protección pública na parcela nº 132 do PAU-2 "LEGUARIO NORTE").

Fixo ademáis promocións en Daimiel (Castela-A Mancha) e en Vigo. No documento do Rexistro Mercantil poderán vostedes observar que ademáis a sociedade administrada por Conde Roa ten como apoderados a duas personas que veñen sendo os administradores e propietarios de Millarcasa, S.L., promotora ben coñecida na cidade de Santiago, adicada á promoción de cooperativas de vivendas cun historial recente de denuncias nos xulgados por incumprimento (caso da cooperativa salgueiriños).

Todas estas informacións pódense comprobar na páxina de Millarcasa (www.millarcasa.com), no google e na propia páxina do Rexistro Mercantil". Baixa o documento