Malestar en Galiza Nova

Durante a celebración dos actos do Día da Patria no BNG non gustou a unha parte da súa militancia, principalmente aos máis novos, a exclusión do secretario xeral de Galiza Nova, Xosé Emilio Vicente, no discurso da Quintana. A decisión foi adoptada na Executiva do BNG para evitar que houbera disonanancia co discurso do portavoz nacional xa que Vicente foi un dos militantes que abandonou a UMG -a rama xuvenil da UPG- por considerar que este partido "estabase abrandando" tras a entrada do BNG na Xunta e fundou, xunto con outros compañeiros, unha nova formación.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/07/2006

Comentannos que "por medo ao que pudese dicir e que se desviase do discurso "oficial", saltáronse o acordo dos organismo de Galiza Nova que designaran a Xosé como orador e decidiron que fose Ana Pontón quen intervise no seu lugar, dando lugar a unha protesta formal por parte da organización xuvenil e un descontento considerábel da militancia máis nova, que viu neste xesto un acto de censura sen precedentes e unha falla derespeto a Galiza Nova".