Remintennos un comunicado anunciado a aparición na rede do primeiro portal erótico galego; mundoquente.com...
Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/05/2008
www.mundoquente.com facilitará imaxes e videos picantes
NACE O PRIMEIRO PORTAL ERÓTICO EN GALEGO
Unha nova páxina web achegará a información erótica aos internautas galegos. www.mundoquente.com é o primeiro portal erótico galego que abordará cuestións de actualidade sobre o mundo da sexualidade, da moda, do cinema, da televisión ou da arte.
As informacións publicadas en www.mundoquente.com teñen a súa orixe en portais, weblogs e xornais galegos, portugueses, brasileiros e españois, pero tamén de EE.UU, Francia, México, Arxentina, Italia ou Reino Unido, entre outros.
O obxectivo desta nova páxina Web é facer accesible a información erótica aos internautas galegos. Por iso, primarán as informacións breves e concisas nas que as imaxes e os videos picantes terán un importante papel.
Ademais de falar de sexo, moda ou cinema, www.mundoquente.com tamén abordará informacións relacionadas coa saúde e delictos sexuais, o mundo gay, a historia e a arte do erotismo ou os xogos eróticos. Unha das pezas fundamentais deste novo proxecto na rede será a participación dos lectores. Por iso, se abrirán canles --foros, noticias e contactos-- para facilitar a interactividade entre os internautas.