O 3D chega a Galicia

Unha tecnoloxía con futuro aterra en Galicia, aínda que tardará algún tempo en consolidarse. Trátase da tecnoloxía 3D...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/10/2008

A Domus da Coruña conta coa única sala de proxección para este tipo de filmes que existe en Galicia, aínda que no Estado xa son 22. E é que o problema é o alto custe de producción destes filmes e a falla dunha política comercial. A producción en 3D custa entre un 20 e un 30% máis que un filme convencional, pero esta marxe quedará en nada se as productoras se lanzan con esta nova tecnoloxía.

Nunha semana sairán 9 novos títulos en EE.UU e en España xa se pode ver en 3D a película "Viaxe ao centro da Terra". O salto á TV é cuestión de tempo. En EE.UU xa hai dous millóns de televisores compatibles co 3D. Aquí, esta tecnoloxía aínda está en cirolas. Por iso, os Museos Científicos Coruñeses, da mán de Xosé Antón Fraga, organizaron unha sesión cos blogueiros galegos, na que estivo GC, coa proxección da película "Dinosauros" e as explicacións de Enrique Criado, de Enxebre entertainment, a empresa que acondicionou a sala para a proxección de filmes en 3D. Máis información en capitulo0, apocalipsedoporco e codigocero.