As rías baixas, por Gwyneth Paltrow

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/10/2008

Este pasado sábado, Cambados e as Rías Baixas foron os protagonistas do capítulo da serie "Spain, on the road again" que emite a cadena WMFE, protagonizada pola actriz de orixe galesa Gwyneth Paltrow. Estiveron coas mariscadoras, improvisaron unha parrillada con langosta, ameixas e navallas, regadas con albariño; comeron empanada e mesmo prepararon un pulpo á galega. O equipo de programa tamén estivo facendo parte do Camiño de Santiago. Fai agora xustamente un ano da súa visita en Galicia. Logo de percorrer toda España a actriz ten comentado que o que máis lle impactou foi Galicia e Granada.