O colectivo Ceivar celebrou hoxe unha rolda de prensa para informar sobre o inminente xuizo dos independentistas Ugio Caamanho e Giana Gomez na Audiencia Nacional e facía un chamamento á mobilización para denunciar o que consideran "falsa xudicial". Pouco despois as rúas compostelanas aparecían con pintadas denunciando este procesamento e tildando de "nazi" a este tribunal. A Audiencia Nacional tamén chamou a declarar á independentista Maria Bagaria, acusada da colocación de aparellos incendiarios nas obras dunha minicentral no río Arnoia.
Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/10/2008