Remitennos un video sobre a visita que esta fin de semana realizou o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, á feira de Monterroso, degustando productos típicos e falando da crise. Nun momento dado, unha muller pregunta "eu a este non o coñezo", "non coñeces a Alberto Núñez, o noso presidente?, pois votar, votáchelo", respostalle un dos acompañantes do político galego para, acto seguido, comprarlle uns queixos. Sobre os paseos de Núñez Feijóo tamén temos unha interesante crónica da súa participación na procesión das mortallas da Pobra do Caramiñal.
Por Galicia Confidencial | Galicia | 03/11/2008