A Plataforma Galega para a Defensa das Enxeñarías en Informática (PGDEI, www.pgdei.org ) convoca unha manifestación para o próximo 17 de marzo...
Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/03/2009
O obxectivo de dita mobilización é a consecución dunhas fichas competenciais para as Enxeñarías en Informática ao mesmo nivel que o resto de enxeñarías (publicación no BOE a través dunha Orde Ministerial), así como a regulación profesional das Enxeñarías en Informática, da que aínda nada se sabe dos Ministerios competentes. A manifestación partirá ás 12.00h da Facultade de Informática e chegará aproximadamente ás 14.00h á Delegación do Goberno (praza de Ourense).