A pesares de que onte atopabamos que o gasto por licencias de Microsoft da nova Xunta era de 150.000 euros, nunha nova revisión da oferta atopamonos con que a cantidade ascende a máis de dous millóns de euros. Tes o documento no interior...
Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009
A diferencia do anterior que propugnaba o uso do software libre, o novo goberno aposta polas licencias privadas na xestión informática. Un dos primeiros concursos que ben de outorgar é a suministración de licencias de Microsoft por un importe total de 2.247.239,46 euros. Podes ver aquí o documento licencias-microsoft.pdf