O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) acaba de convocar a todos os profesionais dos medios de comunicación a unha xornada reivindicativa que terá lugar o vindeiro martes, 26 de maio...
Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/05/2009
A pesares de que todos os días saen informacións sobre os despedimentos e a crise que sufren todos os sectores, semella que o sector da comunicación non ten problemas aparentes ou, polo menos, non se publican. Para evitar esta "amnesia informativa", o SXG fai un chamamento aos traballadores dos medios e a outras centrais sindicais a que se sumen a unha protesta "á xaponesa", é dicir, traballando.
O obxectivo é que os profesionais dos medios acudan o 26 de maio a todos os actos informativos que teñan que cubrir cunha camiseta co lema "+ Despedimentos - Información" que este sindicato xa comezou a repartir. Ademáis, o SXG anima a estes profesionais a preguntar nas roldas de prensa polas medidas que van a adoptar as distintas administracións para rematar coa precariedade e os despidos nos medios. Búscase que os políticos tamén se pronuncien sobre a crise que vive este sector e que a sociedade coñeza que no mundo do xornalismo tamén hai despidos.
Nos últimos meses houbo despedimentos ou non renovación de contratos en multitude de medios. Os últimos casos, tres despedidos en Xornal de Galicia e a ameaza de que no Diario de Pontevedra 16 compañeiros queden sen traballo. Máis información sobre este acto reivindicativo aquí.