A Xunta "estuda" e os xornalistas "esperan" rematar xa coa súa precariedade

Por fin, e logo de numerosas mobilizacións, a Xunta pronunciouse sobre a situación de precariedade dos xornalistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/05/2009

Tras a xornada de protesta do Sindicato de Xornalistas do martes 26 e logo de reunirse co Colexio de Xornalistas (CPXG), o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse a "estudar" a vinculación das axudas públicas á estabilidade laboral. É un primeiro paso, pero queda moito por andar. O CPXG insistiu nesta xuntanza en que as subvencións se realicen con "unha serie de condicións de estabilidade laboral".

Pola súa banda, o SXG destaca que, polo momento, é o único presidente galego que se refiere a esta cuestión tras o silencio clamoroso do bipartito e do goberno Fraga pero reclamalle que se deixe de "estudar" esta cuestión e se cumpla xa o compromiso ao que chegaron os tres grupos parlamentarios.

O SXG realizou unha xornada de protesta o pasado martes que foi seguida en toda Galicia. Os xornalistas acudiron ás roldas de prensa cunha camiseta co lema "+ despedimentos, - información" e preguntaronlles aos políticos pola situación do sector da comunicación. Aquí tes as súas respostas e compromisos. Ademais, os traballadores do metal solidarizaronse cos xornalistas e acudiron as negociacións con Xunta e empresa coas camisetas do SXG nun acto considerado como de "unidade sindical" e de "respecto profesional".