Críticas aos asesores de Industria

No blog de esmola abriuse un importante debate sobre a experiencia de Javier Dorado, presidente de Novas Xeracións de Pontevedra, de 21 anos, para ser asesor do conselleiro de Industria...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/06/2009

Nese blog, critican que, con 21 anos e sen rematar os estudos de Dereito, cobre case 5.000 euros (54.400 anuais) que se lle atribúen e que sería os acordados polo bipartito tal e como figura no DOGA. Segundo fontes do PPdeG consultadas por GC, Dorado é "mileurista" e non cobra o que se lle atribúe. Dorado posuía un activo blog sobre política que leva sen actualizarse dende abril, precisamente, logo de asumir a súa nova tarefa na consellería.

Un post no mesmo blog informa de que a outro dos asesores de Industria, Juan Francisco Lorenzo Jorreto, embargaronlle a conta corrente e de aforro en xaneiro de 2007 por débedas coa Seguridade Social tal e como figura no BOP.