Cadena Noroeste e Punto Radio acaban de romper o acordo comercial e informativo que mantiñan e que explotaban baixo a fórmula de Radio Líder...
Por Galicia Confidencial | Galicia | 07/09/2009
Segundo puido saber este medio, este decisión ten que ver coa crise económica que afecta tamén aos medios e que ten provocado unha importante baixada da publicidade e importantes reaxustes económicos e laborais dentro da cadea. Tras esta separación pactada, cada unha das dúas emisoras viaxará por libre, aínda que Punto Radio non dispón de frecuencias para emitir en Galicia. Por iso, Cadena Noroeste podería optar por recuperar o vello nome ou lanzarse cunha nova marca comercial.