"¡Denantes mortos que escravos!"

Esta frase que Castelao incorporou ó escudo galego foi a que, moitos anos antes, utilizaran os membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron as tropas inglesas en 1806...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/11/2006

Así nolo contan os membros da Asociación 'O Fervedoiro' que mañá organiza na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis a conferencia "O Terzo de Galegos. 200 anos de historia (1806-2006)", a cargo do seu actual comandante, Horacio Guillermo Vázquez.

"O motivo principal polo cal declinamos realizar este acto na Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" (coñecida popularmente como Hospitalillo) xorde, básicamente, por ser esta edificación un predio fidalgo que pertenceu a unha adiñeirada familia cuntiense da liñaxe dos Núñez de la Fuente, xinea da cal procede (por parte materna) o fundador do "Terzo de Galegos", D. Pedro Antonio Cerviño Núñez de la Fuente. Así se observa nas labras heráldicas que campean na fachada principal do inmoble, así tamén se demostra nas últimas investigacións que se teñen realizado sobre esta familia (...)

Recordemos que un dos gritos de guerra que utilizaron os heroes galegos do rexemento que fundou Cerviño ("O Terzo de Galegos"), baixo a bandeira do "Reyno de Galicia" foi:

-"¡¡Muertos antes que esclavos!!".

Curiosamente este lema empregaríao o noso propio Castelao, logo de escoitalo nas terras argentinas durante a súa infancia, para confeccionar a orla que bordea o escudo que propuso para representar a "autonomía galega":

-"Denantes mortos que esclavos!!"

Con este texto achegamos copia do tríptico editado polo "Gobierno de la Provincia de Buenos Aires" con razón do Bicentenario do "Terzo de Galegos"."