Este sábado presentarase en Santiago 'Prolingua', unha plataforma"plural e apartidaria" que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia e a consecución da súa oficialidade real...
Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/09/2009
Neste acto daranse a coñecer os obxectivos e a estrutura de funcionamento da plataforma, así como as primeiras accións que se levarán a cabo. ´Prolingua´é unha plataforma independente do poder político e diferente nos obxectivos e na finalidade a ´Queremos Galego´, outra plataforma de defensa da lingua impulsada dende forzas políticas nacionalistas e dende A Mesa pola Normalización.
De feito, os promotores de ´Prolingua´ coinciden na necesidade de afastar o debate lingüístico dos debates políticos para concienciar á xente de que falar galego non é un arma política senón un ben común de todos os galegos. Esta plataforma está impulsada por xente do mundo da cultura e uns dos seus principais impulsores son o escritor Xabier Docampo e Quique Costas, da Universidade de Vigo, que vai ser o que se presente o acto.