Xornal pecha a delegación de Vigo

Como xa veñen comentando varios lectores en diferentes  informacións, Xornal de Galicia pecha a súa delegación de Vigo. Esta decisión afecta a tres traballadores, un dos cales será recolocado en Santiago...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/10/2009

Esta medida responde, segundo a empresa, a axustes de produción e  se une a outras como a anunciada esta mesma semana de deixar de publicar no dixital algúns contidos do xornal escrito para incentivar as vendas.

Nos últimos días tense falado moito dunha posible fusión entre A Nosa Terra e Xornal de Galicia, ambos os dous propiedade de Jacinto Rey. Sen embargo, tanto as direccións dun e doutro medio negan esta medida. Con todo, Xornal cedeu espazos nalgún dos seus locais para acoller a traballadores de A Nosa Terra.