Precandidato á Presidencia do PP de Ourense

O luns a xunta directiva provincial convocou o XV Congreso do PP de Ourense para o vindeiro día 30 de xaneiro de 2010. O prazo para a presentación de candidatos á presidencia remanta o luns 21 de decembro ás vinte horas. José Luís Baltar anunciou onte que non optaría á reelección...

Por Manuel Baltar | Ourense | 17/12/2009

Despois de 17 anos presidindo a formación política máis exitosa da historia de Ourense, logo de 36 campañas electorais e 36 resultados favorables con resultados espectaculares...Mesmo este 2009 sendo de novo a mellor provincia de Galicia en canto apoio ao PP nas autonómicas, a de maior participación tamén, e sendo a sexta de España falando de eleccións ao Parlamento Europeo...

  Tal e como anunciara o día 15 de outubro nunha comparecencia pública, reafirmándome o pasado día 5 de decembro, hoxe fixen pública a miña decisión de concurrir á presidencia do partido. Foi na miña propia sede, a oficina do candidato, sita na Rúa Teluro número 3-Entrechán da cidade de Ourense...En horario de 10 a 14 horas pola mañán e de 17 h a 20 h polas tardes funcionará recibindo avais de afiliad@s, reuníndome cos equipos de traballo, concedendo entrevistas, planificando a precampaña e campaña...Masiva afluencia de medios de comunicación e nova invitación a que se presenten outr@s candidat@s. Tamén comuniquei as dez propostas organizativas para impulsar o PP de Ourense, facendo desta forza política "o partido dos ourensáns": no eido da participación política, o papel dos concellos e comarcas, creación de novas áreas de funcionamento, un centro provincial de formación e estratexia, a posta en marcha dunha escola de verán, un portal web que sexa todo un referente nacional...Propostas para traballar e traballar, froito da reflexión compartida da situación...Púxenme a disposición d@s outr@s candidat@s para debater, inmediatamente, cos líderes doutras alternativas, nas condicións que poñan: de calquer tema, en público ou privado, como establezan os xornalistas...Transparencia, limpeza, honestidade..E sobre todo libertade e democracia. Non hai que terlle medo a conceptos tan fulcrais. Moi boas noites.