O "Papa Noël" galego

Edições da Galiza e A Fenda veñen de publicar ‘O Conto do Apalpador', un libro que recupera a historia desta mítica personaxe da montaña que algunhas asociacións tentan recuperar para confrontalo co tradicional Papa Noël ou a figura dos Reis Magos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/12/2009

O Conto do Apalpador está a chegar estes dias ás principais librarias e centros sociais do País. Segundo informan os editores ten un formato clássico infanto-xuvenil, e nace "com a vontade de contar a autêntica história do Apalpador, tal como foi recuperada por José André Lôpez Gonçález e divulgada pola Gentalha do Pichel há já três anos, baseada na tradiçom oral das serras orientais, principalmente o Courel".

Unha historia case desaparecida

Esta tradición estaba ao límite da desaparición e conta como un xigante carboeiro descendía das devesas no Nadal para apaplparlle as barrigas aos nenos cuando dormían para comprobar se estaban ben mantidos e como regalo lles deixaba unha presada de castañas. "Todo nesta história tem outro valor, o valor do que se fai e nom se compra, o valor do que é necessário e nom supérfluo. Em definitivo, o Conto trata de umha figura realmente alternativa ao mundo gerado em torno do Pai Natal ou dos Reis Mágicos, e nom é umha simples traduçom daqueles nomes", aseguran os editores.

A historia foi escrita por Lua Sende e Alexandre Miguens e deseñada polo pintor Leandro Lamas, responsable da primeira imaxe gráfica que se coñece do carboeiro. Parte dos beneficios da sua venda irán destinados á proteción da infancia e á conservación dos bosques autóctones galegos. Máis información en www.polifona.com , encomendas@novasgz.com ou na web www.apalpador.net.