O presidente da Xunta deixou hoxe claro que non abrirá o debate sobre a reforma estatutaria porque hai cousas máis importantes, sobre todo, conseguir que Galicia sexa tida en conta no panorama financieiro español.
Por Xurxo Salgado | Santiago | 23/12/2009
En referencia ao ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, quen, nunha entrevista en GC lle aconsellou que non se esqueza de reformar o Estatuto galego para "non perder o carro", Feijóo suliñou que, neste momento, a decisión máis importante que afecta ao autogoberno galego é "o tema de caixas".
"Eu cría que as competencia das CC.AA. lle corespondían a Chaves e non sabía que o ministro de Xustiza invade competencias do vicipresidente terceiro. Semella que non lle teña respecto", espetoulle.
Ter presenza na "vida económica" de España
Así, vinculou o futuro das caixas a que Galicia non quede fora da "vida económica e financieira" de España. "Por iso, a maior transcendencia desde o punto de vista do autogoberno", engadiu. O presidente galego insistiu en que "non hai autonomía política sen autonomía financieira" e "non hai capacidade industrial, sen capacidade financieira".