Nos últimos días varias enquisas puxeron nerviosos aos dirixentes políticos dos diferentes partidos, aínda que por distintos motivos. Uns e outros botan man dos resultados das enquisas máis optimistas e auguran mellores resultados.
Por Galicia Confidencial | Santiago | 08/02/2010
A enquisa publicada en La Voz apunta duas tendencias. Por unha banda, o PPdeG é o partido máis votado e consolidaría a súa maioría absoluta, pero seguiría sen gobernar ningunha das grandes cidades. Pola outra; o PSdeG manteriase nas cidades, pero perdería escanos no Parlamento galego.
Resultado ben diferente ao aportado por unha enquisa do PSdeG dada a coñecer hai unhas semanas, segundo a cal os socialistas galegos superarían os 30 escanos a costa dos nacionalistas e os populares.
Este domingo tamén os dous grandes diarios estatais publicaban sendos estudios demoscópoicos, que aínda que con diferencias, viñan a resaltar a debilidade do actual Executivo do Goberno de Zapatero e a fortaleza do PP. Así, arredor do 43% dos españois votaría hoxe por Rajoy, fronte a un 38% que o faría por Zapatero.
Lecturas diferentes
Con todo, as lecturas que fan os partidos galegos dunhas e outras sondaxes é completamente diferente. Os populares aseguran que están xa consolidados e en ascenso. Conservarán a Xunta e poden chegar a gobernar varias cidades. Pola contra, os socialistas aseguran que manteñen o goberno en todas as grandes cidades galegas e, polo tanto, a súa capacidade de modificar a política galega e os resultados nunhas hipotéticas autonómicas. No BNG din que que a mellor sondaxe é a das hurnas pero que a tendencia do nacionalismo é a incrementarse.
Pero estas explicacións son de cara "á galería". Internamente, as distintas enquisas axudan ás formacións políticas a coñecer as distintas tendencias electorais. E neste terreno gaña o PP que, desde os últimos meses, están en aumento. Sen embargo, no PPdeG son conscientes das dificultades que existen para trasladar a mala situación económica do Goberno de Zapatero ao ámbito local, un espazo no que están en desventaxa. E é que eles contan con estudios propios nos que tampouco lles saen as contas para facerse co goberno das cidades. Segundo os seus datos poderían gañar en Lugo, Santiago e A Coruña, pero en ningún caso gobernarían ningunha das sete grandes cidade.
Tamén os socialistas e os nacionalistas están nerviosos. Os primeiros porque, aínda que manteñan as cidades, perden influencia e votos e aínda que os estudios internos apuntan que resisten, o certo é que as últimas sondaxes do CIS e dos principais xornais reflexan unha fuga de votos pola mala situación económica. E os segundos porque, a pesar de tocar chan cos resultados das pasadas autonómicas, tampouco consiguen despegar. Poderían perder Pontevedra e perder votos nos grandes espacios urbanos aínda que os manteñan e aumenten en espacios rurais.
Detectados erros
Por outra banda, e segundo nos informa o blog montexiabre, os datos da ficha tecnica da La Voz de Galicia conteñen imprecisións. Así, indica que o Tamaño da mostra é de 1.200 persoas, mentres que se realizaron 400 entrevistas. "Si han hecho 1200 entrevistas, 400 por provincia, para empezar que sepan los Vilagarcianos, que con suerte y echándole muy por encima, para elaborar la encuesta de su municipio han entrevistado a 20 personas, pero lo que es peor … que sepan los gallegos que no tenemos 4 provincias… sino tres", apunta