Os símbolos de Lugo, nos tribunais

A Deputación de Lugo decide recurrir ante o Tribunal Supremo para recuperar unha das coleccións máis emblemáticas que alberga o museo provincial.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 08/02/2010

O acordo por unanimidade das tres formacións que integran a institución provincial o pasado sábado materializouse este luns coa presentación dun recurso ante o Supremo contra duas sentencias anteriores, unha do xulgado de Lugo e outra da Audiencia Provincial, que obriga á deputación a entregarlle á familia do mecenas Álvaro Gil, a colección de máis de 55 pezas, entre as que están o famoso Torques de Burela e o carneiro alado de Ribadeo, todo un símbolo destes concello e da propia provincia.

A historia é longa e arranca na década dos cincuenta cando Gil decidiu negociar coa deputación a donación dunha serie de obxectos arqueolóxicos da súa propiedade. E é neste punto onde varian as versións; segundo a deputación, parte da colección foi pagada, en concreto, o famoso torques, mentres que para a familia só se tratou dunha cesión temporal. As dúas sentencias, ditadas pola mesma xuíza, danlle a razón á familia.

Peticións económicas

Tras estas resolucións xudiciais as peticións da familia Gil incrementaronse e agora reclaman o pago do asesoramento xurídico, que ascende a máis de medio millón de euros; así como unha indemnización por danos e prexuizos. Ademais, reclaman o recoñecemento da propiedade da colección, unha tasación independente e seguros actualizados,un novo contrato de depósito con perioricidade e a obriga de exhibir todos os fondos, especialmente, unha colección de pintura catalana que estaban nun almacén.

Por iso, o vicepresidente da deputación, Antón Bao, decidiu levar o tema o pleno da institución. Así, todos os partidos decidiron recurrir ante o Supremo e evitar o aproveitamento económico dun emblema da provincia. Tras esta decisión, a familia négase a negociar e apunta que podería levar a colección a otros museos dispostos a cumplir as súas esixencias.

Grupo no facebook

En Lugo, non son poucos, os que ven na familia dos Gil unha intención de lucrase a costa do patrimonio de todos os lucenses e, ademais das mostras de solidariedade coa diputación, puxeron diversas iniciativas en marcha, a última un grupo no facebook que nuns poucos días xa conta con máis de medio milleiro de persoas.