Os bercianos piden un Día das Letras para un escritor da comarca

O presidente da asociación Fala Ceibe do Bierzo, Xabier Lago, reclama que o Día das Letras Galegas de 2011 sexa adicado ao escritor berciano Antonio Fernández y Morales, porque suporía un impulso para o recoñecemento do galego nesta comarca.

Por Galicia Confidencial | O Bierzo | 05/05/2010

Fernández y Morales escribiu no 1861, dous anos antes de Cantares Gallegos de Rosalía, 'Ensayos poéticos" en "dialecto berciano" recollendo costumes da época --magostos, vendimas, entroidos, romarías, etc--, polo que podería incluirse, segundo Fala Ceibe, dentro dos escritores do rexurdimento galego. "A declaración do 2011, como ano de Antonio Fernández y Morales, co gallo do 150 aniversario da publicación dos ditos Ensayos poéticos, supoñería un grande esforzo de prestixio cultural colectivo", apunta Lago.

Así, sinala que a elección deste escritor tamén sería unha "nova homenaxe" aos falantes "asoballados" da franxa estremeira do Navia-Eo, O Bierzo, As Portelas e o Val do Elas, "como xa se fixo en 2002 coa elección de Martín Sarmiento.

Recoñecemento a Novoneyra

Por outra banda, Lago suliña ao homenaxeado deste ano, Uxío Novoneyra, de quen tamén destaca a súa condición estremeira, xa que é un poeta do Courel, e a súa presencia cultural na comarca.