Non gutou nada á Garda Civil as "suxerencias" do conselleiro de Xustiza e Interior para que os gardas civiles de Tráfico se integren na futura policía autonómica, e moito menos que a Xunta veña con "esixencias". Teñen moi presente a "integración" catalana que foi un desastre porque aínda hoxe persisten as discriminacións entre gardas civiles e mossos.
Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/12/2004
Tampouco fixo moita gracia a proposta de crear unha carreira e corpo policial único entre os membros da Policía. E dóelles, especialmente, porque consideran que Palmou, que foi comisario de Policía, está "traicionando" todos os seus principios. Gardas e policías demandan que sexan consultados e que se cree unha mesa de negociación para abordar esta cuestión. Para saber máis, consulta: www.elfaroverde.com, www.augc.info, www.sup.es