A Xunta patrocina unha exposición sobre extraterrestres

"El diseñador de Especies" é unha exposición sobre a suposta semellanza de formas homínidas no universo que acollerá a Casa de Galicia en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 04/01/2011

"La teoría de los diseños coincidentes" é un libro no que o "diseñador del futuro, artista y astrobiólogo", Herikberto M.Q., asegura que a evolución das especies do cosmos é moi parecida. E, precisamente esta obra, é a base da exposición "El diseñador de especies" que acollerá a Casa de Galicia en Madrid do 12 ao 29 de xaneiro de 2011.

Segundo anuncia este autor na súa propia web, a súa paixón é "profundizar en el origen, evolución y diseño de todas las formas de vida" e por iso non dubida en denominarse como "creador de especies". Asegura que a súa teoría é o "resultado de una minuciosa investigación, para esclarecer, un gran misterio: ¿por qué razón ha evolucionado el ser humano?". E para iso, non dubida en considerar como "lóxico" que "se pueden formar cosas y seres vivos muy similares en todo el universo". Un proceso que denomina "converxencia".

"Una bomba de relojería"

"Un proceso por el cual, a partir del azar y selección natural, se originan y ordenan estructuras de auto diseño. Es un factor integrador de sistema, y quizás la causa de que surjan universos semejantes o que se produzca la vida", sinala.

Precisamente, non dubida en suliñar que "la teoría de los diseños coincidentes es una bomba de relojería que puede tambalear dogmas establecidas, tanto religiosos como científicos, ofreciendo respuestas a una nueva ciencia, como es la Astrobiología".

 
"Difundir la cultura de Galicia"


E precisamente esta teoría será o motivo esencial sobre o que xire a exposición que, segundo o propio Herikberto M.Q., acollerá a Casa de Galicia en Madrid. Unha institución que, segundo recollen os seus estatutos está para "servir de escenario para difundir la Cultura, Economía y Turismo de Galicia" e que, de feito, funciona como unha delegación administrativa da Xunta en Madrid.
 

 

 
Contacto coa "civilización extraterrestre"
 
Heriberto Muela Quesada naceu en Ourense en 1958 e en 1966 trasladase a Madrid. Alí especializouse en artes plásticas e pinturas. Tamén é autor dunha serie de libros infantiles; “El Hombre del Traje Blanco”, editado por Anaya e baseado nunha historia con extraterrestres.
 
O propio autor asegura deste libro que “está inspirada en la propia vida del artista, y tiene un transfondo realmente misterioso; puesto que relata  extrañas experiencias juveniles que tuvo el autor y su familia con una civilización extraterrestre”.
 
Pero, co paso do tempo, Herikberto descubre que “los supuestos extraterrestres, forman parte de un experimento sociológico realizado por científicos. Que consiste, en estudiar los comportamientos psicológicos de varios grupos humanos, que entran en contacto con una supuesta civilización extraterrestre”.
 
A partir dos 90 especializaces en astrobioloxía e a súa obra comeza a xirar sobre a evolución das especies. Ten concedido varias entrevistas (por exemplo ao magazine de El Mundo) e aparecido en programas como o dirixido polo humorista Andreu Buenafuente en La Sexta ou en Cuarto Milenio, de Cuatro. De feito, na rede xa o califican como "friki"