Un novo selo virtual ofrécese para publicar na rede traballos con licenzas libres para a súa descarga.
Por toxorabudo | GC ABERTO | 23/01/2011
A internet galega xa conta desde fai un ano, cun novo selo discográfico virtual. Trátase do 'netlabel' O Toxo Rabudo, que se ofrece, sen ánimo de lucro, para que calquera tipo de músicos compartan libremente as súas creacións baixo unha licenza Creative Commons.
O Toxo Rabudo estreouse co traballo Ostias confitadas do grupo compostelán Maricones para Sitges o 17 de xaneiro de 2010, e está aberto a que os artistas lles envíen traballos en formato mp3 para a súa distribución libre.
Un ano despois, conta con máis de 40 discos para a descarga gratuíta, na que destacan os grupos galegos: Ruxe-Ruxe, Novedades Carminha, Pito de Pikasso, Kogito, Bastards on Parade, GalegoZ, Esquíos ou Desequilibrio Mental, entre outros moitos.
Máis información: www.toxorabudo.com