A editorial Ir Indo chega a un acordo coa Xunta para que os colexios poidan aproveitarse do seu diccionario e da súa enciclopedia en liña.
Por Galicia Confidencial | | 23/02/2011
Nun comezo, a editorial Ir Indo lanzou de modo gratuíto o seu completo diccionario na rede, Digalego.com. Tras un tempo 100% gratis, a empresa limitou o seu uso. Agora a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comeza a investir nel e facilita o acceso de alumnos centros educativos e dos seus docentes. A oferta inclú canda o diccionario, a Enciclopedia Galega Universal (EGU) en liña.
Polo de agora, os internautas comúns non terán acceso a estas útiles ferramentas, cuxa elaboración foi financiada pola propia Xunta.
Digalego.com é un completo dicionario on-line de lingua galega. Posúe máis de 65.000 entradas que seguen as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, e toma como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa).
Por outro lado, a Enciclopedia Galega Universal é unha obra de carácter analítico que contén máis de 200.000 entradas, miles de fotografías e gráficos e que incorpora un gran número de neoloxismos científicos e técnicos xunto a un amplo vocabulario sobre xeografía, cartografía, ciencias, humanidades, lexislación, xurisprudencia, finanzas, etc…