Prescolar na Casa é parte da historia do ensino en Galicia. Naceu en 1977 e dende aquela axuda ao coidado aos pais que teñen que traballar fóra, sobre todo no rural e as familias con menos recursos. A crise e os recortes da Xunta están a piques de levarse por diante esta pioneira iniciativa.
Por Galicia Confidencial | Lugo | 15/11/2011
Os traballadores do programa, uns 42, estiman que máis de 4.000 familias utilizan este servizo. Estes pais quedarán sen axuda ao retirar a Xunta a subvención a Prescolar na Casa.
Segundo explicou onte o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, as achegas públicas eran de 615.000 €: 90.000 de Política Lingüística, 70.000 da consellaría de Educación e o resto da consellaría de Traballo e Benestar. Destas, Educación retirou o total da axuda, Política Lingüística limitouna a 45.000 € e Traballo e Benestar liquidouna na súa totalidade.
O sindicato nacionalista cordinará a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular para demandar do Parlamento galego a aprobación dunha lei pola que se acorde que a Xunta absorva ao servizo e aos aos seus traballadores.
Preescolar na Casa é un programa educativo que naceu en Galiza no ano 1977 co obxectivo de contribuír á formación de pais que teñen nenos e nenas entre 0 e 6 anos. Organízase, preferentemente, no medio rural e outros medios desfavorecidos, intentando apoiar ás familias na educación e crianza dos seus fillos nos primeiros anos de vida.
O cadro persoal está pendente dun ERE, que afecta a 38 asalariados. Xosé Expósito, presidente do Comité de Empresa sinala que con isto e coa redución de persoal -20 suspendidos e 18 con redución de xornada- víronse obrigados a limitar o servizo a 1.000 familias. Denuncia ademais, que nin sequera recibiron os 200.000 € previstos para acabar este ano e que agora preséntase un novo ERE que suporía a redución de dous terzos do persoal, e a extinción de 27 postos de traballo.
Os traballadores seguen coas mobilizacións. Para o día 26 organizan unha protesta en Lugo dende a Praza do Ferrol até a Fonte do Rei. Os asalariados contan co apoio dos pais beneficiarios do servizo. Velaquí o manifesto que leron na protesta do 21 de outubro en Lugo: