Empezou a función na corte dos milagres

A semana fantástica universal (Do 17-12-11 ao 25-12-11)

Por xerome | GC ABERTO | 27/12/2011

Primeiros días da Era Rajoy. Ensina o pau da rebaixa dos 16.500 millóns de euros, pero esconde a cenoura: os recortes e as "reformas".
Remataron as ocorrencias: Rajoy ten que saír a escena e tomar decisións. A Feijó009 acabóuselle o das culpas de ZP e o bipartito. Ainda que xa pasaron dous anos do citado bi, segue coa mesma ladaíña, pero cun programa de goberno desaparecido e Galiza nos piores números da historia. Agora ten un goberno amigo, pero poden trabarlle a mán.
Rajoy esquece Pesca nos Ministerios(aquí no hay playa) e a paridade. Feijó009 abre unha fronte xudicial pola baixa valoración das caixas e presenta un recurso contra o FROB por taxala en 181 millóns. Eso sí tres meses despois¡ de repensalo e tendo moita comprensión co que faga o goberno amigo: vendela a un grande e riau riau. Milagre.
Para matrícula de honra  e milagre, o caso da vella Europa: os creadores da crise mundial, dos recortes e o paro, ex Goldman Sachs, sentados á fronte do BCE, Grecia e Italia. Spain-Rajoy para non ser menos coloca a Luís de Guindos, ex Lehman Brothers,  no Ministerio de Economía. O citado, dirixíu a filial en España e Portugal do xigante que arrasou a economía mundial. Currículum ten desde logo.
Pedro Morenés, a Defensa, desde o seu despacho da empresa de mísiles MBDA.  O seu nome tivo relacións polémicas tras desvelarse que fora fichado por Instalaza, unha empresa española dedicada á fabricación e a venda de bombas de acio, entre outros por certo, a Libia de Gadafi.
A Justicia, Alberto Ruiz Gallardón que deixa un burato de 7.000 millóns de débeda  no concello madrileño, mais da metade do que deben todos os concellos das capitales de provincias. Un fenómeno.
Milagroso é a conversión que os xornais editados en Galicia, fan do lugar de nacemento de Ana Pastor, Ministra de Fomento (Ana Pastor Julián, Cubillos del Pan, Zamora, 1957):<Rajoy, que no estaba obligado a nombrar ministros gallegos, lo que podía justificar con lo obvio (el presidente del Gobierno ya lo es) dio varias sorpresas este miércoles, y quizás una mayúscula, nombrando titular de Fomento a Ana Pastor, que ya tuvo cartera en el gabinete Aznar. El AVE seguirá, pues, en manos gallegas. (La Voz de Galicia). Louzán di que a Pontevedra tocoulle a lotería coa elección de Pastor para Fomento. Gallega de adopción. Incluso El Mundo: Ana Pastor, una gallega para pilotar la 'delicada' llegada del AVE a Galicia. Paso polo de "pilotar la delicada", ainda que mellor quedaría "pilotar o cachondeo", pero facer galego Cubillos del Pan, non é de milagreiros?
Non pasa o mesmo co idioma. O que vale para Ana Pastor  non vale para o idioma galego: O Faro de Vigo comenta sobre un premio da lotería< El Filón de Oro local de la Rúa Nueva> Calle Nueva dalles vergoña, Rúa Nova e demasiado nacionalismo, así que por milagre chapucero: Rúa Nueva.
Pero para comedia de milagre o que publica outro xornal daquí sobre o asesor do monarca,  que contan tamén é cuasigalego, o asesor, porque...ven de visita:
<José Manuel Romero, asesor del rey y conde de Fontao, participa activamente en la vida cultural cuando visita Foz. Pregonero de excepción. El asesor del rey cuida sus vínculos con Galicia y es actualmente el abogado aristócrata que eligió el monarca para aconsejar al duque de Palma. El actual conde, título que ostenta desde 1993, siempre ha manifestado un gran arraigo por Galicia, y no pierde ocasión de disfrutar de su patrimonio en Santa Cecilia (Foz) siempre que el trabajo se lo permite. Enfrascado ahora de lleno en un asunto delicado, José Manuel Moreno posiblemente aplace hasta Semana Santa su próximo viaje a la comarca. El último acto público en el que participó fue en la pasada Semana Santa de San Martiño de Mondoñedo de Foz, donde ejerció de pregonero. Atrás queda su participación en las jornadas de historia local o su pregón en las fiestas de San Lourenzo. Foz y Lugo tienen sendas plazas que llevan el nombre de Conde de Fontao.>
Cousas da aristocracia medieval e dos lelos que escriben semellantes estupideces. Pero as veces o plumeiro da aristocracia sae:
<El conde de Salvatierra, Cayetano Martínez de Irujo, se ha comprometido con los representantes del Sindicato Andaluz de Trabajadores, a los que ha recibido este martes en la finca Las Arroyuelas, a financiar con fondos de la Casa de Alba un centro de formación en agricultura ecológica y cooperativas y a pedir disculpas por sus declaraciones desafortunadas en un programa de televisión, en las que aseguraba que los trabajadores andaluces no quieren trabajar>.
Para que non teñamos dúbidas dí a súa nai:
<Mi única inclinación política es la monarquía, inseparable de nuestra historia y representada por nuestro gran Rey Juan Carlos I, que trajo la democracia a España y muchas cosas más", ha dicho la duquesa de Alba en la presentación en el Alcázar de Sevilla de sus memorias, 'Yo, Cayetana' (Espasa)."España en toda su historia fue monárquica y es lo que debe ser".>
"Juan Carlos I, que trajo la democracia a España"... Só ou acompañado? tróuxoa a pé ou en tren? ...Super-mán¡ En cantas manis o atopáchedes?
E por si alguén o dubidaba, os do PP teñen memoria:
<El PP cántabro respalda a la edil que participó en un acto falangista.El presidente de la Comunidad Autónoma, Ignacio Diego, asegura que Carrero Blanco fue "un santoñés que siempre defendió los intereses de Santoña".El presidente de Cantabria (PP), el conservador Ignacio Diego, ha respaldado a su compañera de partido, la alcaldesa de Santoña, Milagros Rozadilla, que ayer participó en un homenaje falangista a Carrero Blanco."Ya es el momento de dejarse de memoria histórica y mirar al futuro", ha esgrimido Diego, de modo que, para el presidente de Cantabria, lo importante es que exista "respeto" cuando "unos homenajeen a unos, y otros a otros".>
Teñen memoria...franquista.
CIU en Catalunya tira de copago farmaceútico universal: impostos aos que mais o necesitan e enfermos, e non aos que mais teñen. En Portugal tamén: 20 euros por urxencias e 5 por consulta. Veñen polos arredores.
Multa a ZARA(1,4 millones de euros), por subcontratas en Brasil xa que compraban roupa elaborada en dous talleres onde os traballadores, procedentes de Bolivia e Perú, eran sometidos a condicións análogas á escravitude. Milagres repetidos. Bis.
E rematando, Alemaña, o espello e grán timonel<pon na picota ao seu presidente, Christian Wulff, por unha minucia. Que pasa con Wulff? En xaneiro de 2010 foise de vacacións coa súa nova esposa a Florida, a casa do millonario alemán, Egon Geerkens, que lles pagou os billetes de avión en primeira. Ao saberse, dous deputados preguntáronlle se tiña algunha "relación de negocios" co millonario. A resposta foi "non". Agora coñeceuse que a muller de Geerkens prestou en 2008 aos Wulff un crédito de medio millón de euros para comprar unha casa bastante discreta. O crédito a un amigo non é delito. Non foi unha mentira, pero tampouco era toda a verdade, o que non é bonito para un presidente>.
Ou sexa tamén hai corruptos alemáns e algo mais:    
<Alemaña figura no noveno posto mundial de opacidade na lista de 73 países do mundo publicada pola organización Tax Justicie Network (TJN). Os primeiros quince da súa lista son; Suíza, Illas Caimán, Luxemburgo, Hong Kong, Estados Unidos, Singapura, Xersei, Xapón, Alemaña, Bahrein, Illas Virxes, Bermuda, Reino Unido, Panamá e Bélxica. A desvergonzada España figura no posto 53.o país, "non asinou ningún acordo bilateral en materia de intercambio de datos fiscalmente relevantes", o que, "combinado co atractivo das exencións fiscais para compradores estranxeiros de bonos do goberno alemán, atrae unha gran cantidade de diñeiro negro". Esta situación explica a popularidade que os bancos alemáns teñen entre os ditadores de países en desenvolvemento. O falecido caudillo de Turkmenistán, Saparmurad Niyasov, colocou, ao seu nome, no Deutsche Bank os ingresos do gas do seu país que administraba como unha leira particular. Muhammar o Gadafi e o seu clan, tiveron unhas duascentas contas repartidas en bancos alemáns, cun total de 6000 millóns de euros."Os gregos almacenaron en Suíza 200.000 millóns de euros", titulou a toda plana o diario Bild, baluarte do nacional populismo na actual crise. Ante a perspectiva dunha quebra, os gregos non se fían dos seus bancos e levan o diñeiro fóra. Pero a cantidade mencionada é superada, en 50.000 millóns, polo diñeiro que os propios evasores fiscais alemáns teñen en países como Luxemburgo, Liechtenstein ou Suíza, segundo a estimación divulgada polo sindicato alemán de funcionarios de facenda (DSTG). Wehrheim, que acaba de publicar un libro titulado "Inside Steuerfahndung" (A investigación fiscal por dentro), estima que Alemaña perde anualmente entre 200.000 e 300.000 millóns de euros en evasión de impostos e fraude con subvencións>.
Preguntas:  Si o Rey na súa súa mensaxe de Nadal dixo: "La justicia es igual para todos" e si a casa Real Española coñecía desde o 2006 as actividades de Urdangarín, e recomendoulle sair de España, non estivo encubrindo ao presunto delincuente?
Respostas de Rajoy:"A veces, cuando las nubes de la pesadumbre ocultan el cielo, parece que somos incapaces de ver otra cosa, incluso de imaginar que puedan desaparecer. Desaparecerán".
Outra resposta de Rajoy:" Desaparecerá todo aquello que pueda enturbiar las aguas de nuestra convivencia".
Amén.