"Faltan apoios para as producións galegas"

Xosé M. Olveira 'Pico' é un dos actores máis coñecidos da pantalla galega. Destaca a calidade das series e das producións galegas porque hai "profesionais moi competentes". Agora está de xira con 'O Florido Pénsil' de Andrés Sopeña e suliña que o teatro "non se pode substituír por nada".

Por Galicia Confidencial | Esteiro (Muros) | 14/01/2012

 Teño o pracer de entrevistar a un paisano. Un paisano que o é por partida dobre: por ser galego e por ser esteirán. Aí queda iso. Quen me ía dicir a min que tería o pracer de concertar unha interviú co expresidente da Academia Galega do Audiovisual e dúas veces laureado co premio Mestre Mateo a mellor interpretación masculina (de reparto) en dúas longametraxes: “Os mortos van as présas” e “Retornos”. E sen esquecernos da súa faceta como actor teatral, mundo no que leva dende o ano 1972, se non me equivoco. É un todoterreo da escea, tanto do mundo da farándula coma da pequena e da grande pantalla.

 

1. Moi boas, “Pico”. ¿Cómo te atopas?. Dígoo polo traballo que todo xunto leva consigo: Director de un organismo coma AVG e sin olvidarnos da túa faceta como actor.

Ola, Paco, imos indo, moitas grazas. Tamén é certo que xa o agobio non é tanto, posto que desde o mes de maio xa non presido a Academia Galega do Audiovisual. Este posto renóvase cada dous anos e este ano xa non presentei candidatura porque como ti ben pensas, supón unha carga de traballo considerable que non é asumible durante un período moi prolongado.

 

2. Parece que o mundo audiovisual en Galicia goza de boa saúde.

Pois goza, si. Lévanse a cabo proxectos moi interesantes a pesares de que cada vez se conta con menos orzamento. Contamos cuns profesionais moi competentes e non só no tocante á parte interpretativa senón tamén con técnicos, guionistas, produtores e directores que están altamente cualificados e o máis ilusionante de todo é que todos nós temos unha gran capacidade de implicación nos proxectos aínda que moitas veces case non saia a conta.

 

Lembrando a "Sempre Xonxa"

 

3. O filme “Sempre Xonxa”, de Chano Piñeiro, ¿marcou o punto de inflexión das longametraxes en galego?. Xa de por si o reparto é de luxo.

É certo que ese ano supuxo un punto de inflexión porque ademais de “Sempre Xonxa”, estrearonse dúas longametraxes máis, “Urxa” e “Continental”, cousa impensable naqueles anos.

 

4. A animación galega é un referente no panorama cinematográfico español. Véñenme a memoria, por exemplo, Donkey Xote, O Apóstolo. Hai bos profesionais neste ámbito pero tamén faltan necesidades, ¿non?.

Faltan apoios, pero é certo que as producións de animación galegas son un referente no resto de estado español e tamén en Europa.

 

5. E as series que emite a TVG parece que son un bó trampolín para os actores galegos. Aí témolo salto de actores coma Luis Tosar, Pedro Alonso, ti mesmo,… que estades tendo o voso éxito na pequena e a grande pantalla nacional.

Si, a televisión é un medio que dá moita popularidade. Hai algúns actores que, efectivamente, se deron a coñecer para directores do ámbito estatal desde este medio.

 

As series galegas, "ben feitas"

 

6. ¿Qué teñen as series galegas que tan ben se fala de elas, incluso fora das fronteiras de Galicia?.

Pois que están moi ben feitas, cuns guións moi ben estruturados, e uns equipos de profesionais moi cualificados, a pesares do axustado do orzamento.

 

7. E falando de Pratos Combinados: unha serie que nos fixo pasar ratos agradables a moitos galegos. ¿Botas de menos a Pedro Barreiro, ese avogado viuvo sempre pendente dos seus fillos?.

Non, pero lémbroo con moita tenrura.

 

8. Un mundo de historias, Mareas Vivas ou Pratos Combinados son series nas que tiveches un papel destacado. Papeles distintos e series distintas. ¿Costa traballo olvidarse de Pedro Barreiro, por exemplo, e meterse no do párroco don Amancio?.

Non, niso consiste o traballo do actor. É mais, eu persoalmente, agradezo moito os cambios de rexistro, interpretar personaxes totalmente diferentes.

 

9. E non digamos o teu currículum no mundo do cine, tanto en galego coma en castelán. Directores coma Chano Piñeiro, Manuel Gutiérrez Aragón, Sancho Gracia ou o mesmo Alejandro Amenábar. Traballar con actores coma Luis Tosar, Javier Bardem, Belén Rueda. ¿Con cal director te sentiches máis a gusto?. ¿Tes algunha anécdota con calqueira deles ou cos actores que nos poidas contar?.

A gusto sentinme con todos pero con Luis Avilés, Jorge Coira e Alfonso Zarauza estou moi cómodo. Por razóns obvias, teño sempre un recordo especial de todo o vivido con Chano.

 

10. Non me esquenzo do teatro, pois levas neste mundo dende o ano 72, que xa choveu. Grupos coma Ditea, CDG, etc.. Agora estás de xira por Galicia cunha comedia. ¿é certo?.

Pois si, estamos coa xira de O FLORIDO PÉNSIL, de Andrés Sopeña, coa compañía eme2, dirixida por Fernando Bernués e Mireia Gabilondo. É unha crítica, en clave de humor, á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. Está sendo moi ben recibida polo público e pola crítica. Por se tes interese póñoche a ligazón da páxina do espectáculo no facebook O Florido Pensil.

 

A "máxia" do teatro

 

11. E onde te atopas millor, ¿actuando en directo cara o publico nas salas de teatro, ou rodando series ou longametraxes?

Sen dúbida ningunha, cara ao publico, a maxia do teatro non se pode substituír por nada.

 

12. O 22 de decembro celébrase o aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. ¿Qué opinión che merece este escritor galego?.

É un dos mellores escritores do século pasado.

 

13. E nada menos que ti o celebras coma protagonista da película Sinbad. Un bó papel para despedir o ano.

Foi moi bonito darlle vida, novamente, a Sinbad, posto que este personaxe xa o interpretei en teatro en 1999, dirixido por Quico Cadaval, co Centro Dramático Galego.

 

Entrevista realizada por Francisco J. Portela no medio colaborador QPC