A Semana Fantástica Universal(Do 15-01-12 ao 21-01-12),
Por xerome | GC ABERTO | 22/01/2012
A maravillosa democracia coa que deixamos a cotío estupefacto ao mundo alcanzou estes días cotas excelsas.
Os ventrílocuos oficiais, os que falan no nome do Estado que os subvenciona, ocultan ou dulcifican, esta semana, que Manuel Fraga foi un home da dictadura franquista ata a morte de Franco, un leal servidor con todas as consecuencias e sin arrepentimento. Invisibilizan a súa participación nun réxime fascista, e a participación na toma de decisións criminais. Un insulto as víctimas, aos que loitaron pola liberdade, e a intelixencia.
Tres exemplos sobre o que chaman home de Estado:
-<Es evidente que el glorioso alzamiento popular del 18 de julio de 1936 fue uno de los más simpáticos movimientos político-sociales de que el mundo tiene memoria. Los observadores imparciales y el historiador objetivo han de reconocer que la mayor y la mejor parte del país fue la que se alzó, el 18 de julio, contra un Gobierno ilegal y corrompido, que preparaba la más siniestra de las revoluciones rojas desde el poder>:Manuel Fraga.
<Julián Grimau, histórico dirixente comunista fusilado ao amencer do 20 de abril de 1963.(1963¡) Foi executado ás cinco da madrugada, ante os faros dunhas camionetas. Dispararon 27 balas, pero o oficial ao mando tivo que rematalo con tres tiros de graza. Detido en 1962 durante os interrogatorios, "caeu" por unha fiestra desde un segundo piso e resultou ferido. O Ministerio de Información e Turismo, que entón dirixía Manuel Fraga Iribarne, sostivo que o preso tirouse ao baleiro de forma "inexplicable", tras empolicarse a unha cadeira. Ao día seguinte da condena, o Consello de Ministros presidido por Francisco Franco e integrado por 19 homes -Fraga entre eles- non atendeu á petición de conmutación da pena, senón que apoiou a condena á morte do reo.«daremos un dossier horrible de crímenes y atrocidades cometidas persoalmente por este caballerete»:Fraga.
-<Durante o mes de xaneiro de 1976(1976¡) seis mil traballadores iniciaban unha folga en contra do decreto de topes salariais e na defensa de mellores condicións de traballo. Manuel Fraga Iribarne, entón Ministro da Gobernación, xunto con Rodolfo Martín Villa, Ministro de Relacións Sindicais, resolveron a situación a tiro limpo. A represión en Vitoria provocou cinco mortos e centenares de feridos.>
Martín Villa tamén da leccións estes días de democracia.
Existen poucas excepcións ao coro oficial, e resalto algunhas:
<Manuel Fraga, un franquista. Estas palabras son para que nadie se engañe. Cuando los mercenarios te ensalcen, nosotros dejamos claro nuestro desprecio por todo el daño que hiciste. La democracia no debe celebrar a los que han luchado contra la democracia. Aunque haya que recordarlo precisamente hoy, que te empeñas en marcharte haciendo ruido.
Toda muerte es una derrota. Incluso la tuya. No me alegro de que hayas muerto.
Pero no nos engañamos. Ha muerto un aprovechado cuyo principal interés fue él mismo, un autoritario, un arrogante, un fascista. Alguien al que le debemos buena parte de lo peor de la Constitución, lo que la hace menos democrática (el papel del ejército, la monarquía, el sistema electoral, el catolicismo, el apoyo a la escuela privada…). Y si por ti fuera, no hubiéramos tenido ni divorcio ni las mujeres derecho alguno. Juan Carlos Monedero. Público16-01-12>
<Fraga non citou nunca en Galicia a palabra democracia. É que cabía esperar outro discurso dun ministro de Franco e de Arias Navarro que adoitaba presumir da súa biografía de fascista? A modernización proposta a Galicia foi, de feito unha gran privatización con comisións para o partido. O clientelismo da Restauración foi reconstruído con prensa dunha soa tendencia, contratas millonarias, deserción do parlamento autonómico. A recuperación do idioma propio de Galicia, obxectivo central do Estatuto de Autonomía, foise convertendo nunha caza de bruxas dos profesores galego-falantes. Hoxe Galicia ten o indice de paro e emigración xuvenil máis alto da UE. A poboación é a máis envellecida do mundo. O nivel de asistencia sanitaria pública e as pensións, son as máis baixas de todo o Estado. Os medios de comunicación privados e os do Goberno Autonómico están ao servizo do Partido Popular. Nun ano pecharon todos os medios escritos de información diaria en Galego: tres xornais e tres sitios electrónicos.>Gustavo Luca.
<É tamén unha desmesura considerar a Fraga o creador da Galicia moderna. Esta afirmación vai camiño de alcanzar a categoría de dogma e, como todo dogma, require unha gran dose de fe inmune á realidade e á evidencia científica. Con todo, un balance que resulte da análise da evolución de Galicia, situando a esta en relación coa contorna económica e social ao que pertence, chegará a conclusións moi diferentes ás que proclaman os acólitos do desaparecido expresidente da Xunta. En efecto, os datos do INE (Contabilidade Rexional de España) demostran que durante o longo mandato de Fraga produciuse unha indiscutible deterioración da posición relativa da economía galega. Galicia creceu menos que a media española e moi por baixo das comunidades autónomas máis avanzadas, a pesar de dispor de importantes recursos que superaron os 72.000 millóns de euros e que, en certa medida, foron malgastados.>Anxo Guerreiro.
Os medios de formación andan empeñados en que amigos e criadas, compañeiros de dominó, veciños, donos de restaurantes, chóferes e asistentes, moi chorosos, falen da súa humanidade, da súa simpatía e "campechanía". Cantos hai que poderían decilo mesmo de Franco. Sen ir mais lonxe esta semana o Club Faro de Vigo, obsequiou a parroquia, cunha "charlita" dun neto do dictador. Canto chorarían os presentes ante os recordos dun Franco que cos seus netos nos xionllos, tomaba chocolate con churros. Mentres, asinaba sentenzas de morte e mantiña unha represión sádica e asasina. Tamén era galego o que demostra que o feito de nacer nesta terra non é ningunha virtude. Fraga mais do mesmo. Gustáballe tanto a liberdade e a democracia que por iso foi franquista, e fixo tanto por este país que grazas aos seus temos que o temos. Hoxe o 14,3% da poboación galega atópase por baixo do limiar da pobreza , e o país na ruina.
No Obradoiro rendéronlle honras, o PP e algúns complices, nunha representación vergoñenta polo mentireira. Incluso utilizaron o Himno Galego. Menos mal que a súa desvergoña non chegou para levalo ao Panteón de Galegos Ilustres.
Pero a fraguista semana tivo mais para asombro de todos, como o feito de que a trama de corruptos da operación Gürtel, en connivencia cos xuíces más reaccionarios levaran a Garzón a xuízo.
<Baltasar Garzón, que destapó el caso Gürtel, se ha sentado en el banquillo de los acusados antes que los cabecillas de la trama corrupta que salpica al PP. Las escuchas no respondieron a una decisión arbitraria, sino a la existencia de indicios sobre la cooperación de los abogados en los negocios ilícitos de sus clientes. Las escuchas fueron avaladas por dos fiscales y por el juez del Tribunal Superior de Justicia de Madrid.
"Dígame cuáles son los datos que fruto de las intervenciones de las conversaciones ha utilizado el instructor ilegalmente", le preguntó el abogado de Garzón al letrado que presentó la querella Ignacio Peláez. "Lo que me preocupa es que yo no tengo datos", reconoció Peláez. Además de como testigo, actúa en el juicio como acusación, solicitando 10 años de inhabilitación para Garzón. Peláez expresamente reconoció- se reunió en la cárcel en diversas ocasiones con Francisco Correa y Pablo Crespo, a pesar de no ser su abogado. Al constatar la Policía que la actividad de la organización delictiva continuaba, ahora encaminada a la ocultación de su patrimonio, los agentes transmitieron verbalmente a Garzón la conveniencia de mantener intervenidas las conversaciones de Correa y de Pablo Crespo, ya detenidos. Y, en esa actividad, prosiguió, "los abogados tenían esa capacidad de control, de dirección de estrategias" porque "eran los receptores de las instrucciones" de los internos. El policía ha explicado que en las investigaciones sobre blanqueo la prioridad es "la intervención de bienes", por lo que trasladaron al juez la necesidad de "trazar alguna estrategia" para evitar que el patrimonio de los imputados se pusiera a nombre de terceros y, por tanto, fuera del alcance de la Justicia>.
Jaume Matas non quere quedar el só como culpable así que cita a González Pons, vicesecretario general del PP, nun escrito presentado diante do xuíz instrutor do caso José Castro :
<El sumario de la causa menciona que González Pons, que ha sido citado por Castro a declarar en calidad de testigo, firmó un convenio como consejero de presidencia de la Generalitat Valenciana con la Fundación presidida por Urdangarin por un importe de seis millones de euros>.
E seguindo os paseos polos tribunais dos dirixentes do PP, despedimos polo de agora a Camps, mentres <el Executivo dará 420 millóns a Valencia para pagar a provedores>. Pagan o seu propio saqueo.
E recibimos a Carlos Fabra e amigos:
<El juez de Nules abre juicio oral contra Carlos Fabra y le fija una fianza de 4,2 millones...En el caso de Fabra, en el escrito se indica que en ese periodo no declaró 693.074 euros...En relación a su ex mujer, apunta que no declaró en tres años un total de 428.644 euros.>
Ante todo este circo o ministro Montoro <anuncia cambios en la Ley de Transparencia para exigir responsabilidades penales a los gestores públicos que gasten más allá de los límites de su presupuesto> E Feijó009 o apoia¡
Se fosen capaces de facelo o PP tería na cadea a boa parte dos seus cargos.
Interesante sería ter novas sobre Corina Porro, a Fundación Porto de Vigo e os cartos públicos fundidos nela.
Continuando coas maravillas, quero recordar aquela limpa campaña do PP sobre as galescolas onde os nenos tiñan formación de etarras ata nos mandilóns. Pois das galescolas públicas a Galiña Azul privada:
<La inclinación de la Xunta del PP a favorecer la gestión privada de los servicios públicos se volvió a manifestar ayer en el Diario Oficial de Galicia con la publicación del anuncio de los concursos para la gestión de la nuevas guarderías de Monte Porreiro, en Pontevedra, y de Carballo y Betanzos. La primera de ellas fue anuncia ayer en el Diario Oficial de Galicia y la de las dos localidades coruñesas se publica hoy. No serán las últimas, según reconoce el Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que prevé publicar en los próximos días anuncios semejantes para dos guarderías en las localidades coruñesas de O Pino y Coristanco. La guardería, de Pontevedra que costó 800.000 euros, fue construida, amueblada y surtida de material con fondos municipales, pero lleva un año en pie, sin uso. El Consorcio, que remoloneó durante meses antes de asumir la competencia del centro, publica ahora un anuncio que da un plazo de ocho días para la presentación de ofertas. Una portavoz del Consorcio -que depende de la conselleira Beatriz Mato- justifica la premura en el interés por poner en marcha la guardería, que ya tiene sus 61 plazas asignadas.
A subida das taxas das escolas infantís públicas é dun 19 %.>
A crise non é igual para todos:
<Francisco Luzón, el ejecutivo del Santander responsable del negocio en Latinoamérica que va a dejar el banco, acumula derechos por pensiones valorados en 55,95 millones a cierre de 2010, una cantidad que puede haberse incrementado durante el pasado ejercicio. Además, sumaba otros 9,93 millones en otros seguros, siempre según el informe anual del banco correspondiente al ejercicio 2010>.
Un agradecemento final para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega por nomear a José Luis Sampedro, como 'Escritor galego universal' pola "alta calidade da literatura lúcida, profunda, radical e transgresora". Un exemplo vital entre tanto lixo.